Gómez-Reino leva as preocupacións do sector pesqueiro sobre limitación da potencia dos motores ao Congreso
O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, pediu ao Goberno considerar criterios de seguridade á hora de aplicar a normativa sobre a limitación da potencia dos motores da flota pesqueira.
Gómez-Reino recolle así as preocupacións do sector que, baixo a normativa sobre ordenación da flota pesqueria que entrou recentemente en vigor (Real Decreto 1044/2022, de 27 de diciembre, de ordenación de la flota pesquera), que recolle límites á capacidade da mesma, teme ser sancionada ou suspendida da súa actividade pola falta de adaptación das potencias reais aos motores instalados.
“A limitación da potencia dos motores, sobre todo no que respecta ás embarcacións de artes menores, pode ser contraproducente dende o punto de vista da seguridad, a estabilidad e a maniobrabilidade das embarcaciones, polo que se consideran negativas as restriccións que se establezan a este respecto, aínda máis cando a asignación de cotas de captura xa serve ao propósito de evitar a sobreexplotación dos caladoiros”, considera o deputado.
Por este motivo, o portavoz de Galicia en Común presentou unha batería de preguntas no Congreso dirixida ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Gómez-Reino pregunta se os datos cos que conta dito Ministerio certifican un exceso de capacidade pesqueira na flota española no que respecta á potencia real instalada. Tamén polos plans de acción que ten previsto o Ministerio para cumprir coa normativa europea e o impacto dos mesmos.
Así mesmo, na súa iniciativa, o deputado pide por en consideración aplicar criterios de flexibilidade respecto da potencia real instalada nas embarcacións de artes menores para garantir a súa seguridade, estabilidade e maniobrabilidade.