Redacción •  Galicia •  27/07/2023

Charla dos historiadores Xosé Estévez e Uxío-Breogán Diéguez o luns 31 en Celanova

Os profesores Xosé Estévez e Uxío-Breogán Diéguez impartirán o próximo luns, 31 de xullo, en CELANOVA dúas conferencias sobre o nacionalismo galego no exilio co fío da figura de Pepe Velo.

Charla dos historiadores Xosé Estévez e Uxío-Breogán Diéguez o luns 31 en Celanova

Celanova, 26 de xullo de 2023. Baixo o título Xosé Velo político, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova pretende poñer de relevo este aspecto da vida e obra do intelectual e activista nacionalista, unha figura central na historia local e que tamén ten a súa parte de protagonismo na historia galega do século XX.

Xosé Estévez Rodríguez (Quiroga, 1943) é Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense, e doutor en Historia pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Historia Antiga e de Historia Moderna, entre outras materias, na Universidade de Deusto, así como Profesor-encargado da Cátedra de Estudos Galegos na mesma Universidade, da que é Profesor Emérito.

Entre as súas últimas publicacións están os ensaios ‘Da Galiza ao Galeuzca: memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya’ (2020) e ‘Galeuzca. La periferia contra el páramo’(2022), que é o libro que presentará en CELANOVA ESTE PRÓXIMO LUNS, 31 DE XULLO, ÁS 18.3O HORAS.

No mesmo acto, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Madrid, 1978), doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, e director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, e director de Murguía, Revista Galega de Historia que fundou no 2003, e autor, entre outros ensaios de ‘As Irmandades da Fala (1916-1931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX’ (2016), e ‘Represión franquista e memoria histórica: novos enfoques e achegas’ (2014), IMPARTIRÁ UNHA CONFERENCIA NA QUE PERCORRE A VIDA E MILITANCIA DE PEPE VELO ENTRE AS MOCIDADES GALEGUISTAS E O DRIL.

ACTO

Xosé Velo político

– Conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel sobre Pepe Velo, das Mocidades ao DRIL.

– Presentación do libro «Galeuzca. La periferia contra el páramo» por parte do autor, Xosé Estévez.

DÍA

Celanova, luns 31 de xullo.

HORA E LUGAR

18,30 horas no patio do Centro Sociocomunitario (Local social do Mosteiro).


Celanova /