Redacción •  Galicia •  31/07/2023

Un lustro do “Requirimento sobre a xestión das augas na explotación da mina” de Touro

Hoxe cúmprese un lustro dende que a Xefatura territorial, despois dunha inspección confirmou, al fin, que as augas dos ríos de Touro que pasaban polos terreos da mina estaban contaminados por drenaxe áceda de mina.

Un lustro do “Requirimento sobre a xestión das augas na explotación da mina” de Touro

O 30 de xullo de 2018, fai hoxe 5 anos enviouse esta comunicación á empresa propietaria da mina de Touro.

“ A Xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria realizou unha inspección da concesión de explotación “San Rafael, 2946”, o 11/07/2018.

Como consecuencia dela remitiulle o requirimento.

“Debe presentar un Proxecto de drenaxe, tratamento e control das augas, co seguinte contido:

  1. Estudo hidrolóxico xustificativo do seu dimensionamento, segundo ITC 07.1.02 do RXNBSM.
  2. Instalacións de xestión das augas: canles de garda, instalacións de tratamento, humedais, serpentíns, canles de vertido, arquetas para toma de mostras, instalacións de captación e de bombeo. Con especial énfase na separación das augas de choiva das augas da explotación, segundo ITC 07.1.03 do RXNBSM.
  3. Modificación do sistema de xestión das augas: incorporar os efluentes de Angumil (Rozas), Portapego e Felisa ao oco de Vieiro. Debe garantirse a supresión das saídas de auga dende a zona de Arinteiro.
  4. Metodoloxía de control da calidade das augas superficiais e subterráneas e das instalacións necesarias: periodicidade (e a súa suficiencia) e parámetros de control. Programa sistemático de seguimento e control.
  5. Debe xustificarse especificamente no proxecto que a corta de Vieiro ten capacidade para incorporar os efluentes que se prevé bombear ó seu interior sen que se produzan vertidos ao exterior nin se deterioren as características físico químicas das augas de Vieiro, ou o prazo para o que se pode garantir isto.

Esta medida de recondución ten carácter temporal, polo que o proxecto debe establecer claramente o seu prazo de validez.

O prazo para presentaren este proxecto é dun mes.

Debe presentar unha memoria trimestral sobre seguimento e control das augas, que inclúa:

  1. Resultados da analítica das augas. Puntos de vertido.
  2. Detalle e valoración da analítica das augas no período. Puntos de captación, de vertido, masas de auga, puntos de control das augas subterráneas. A mostraxe do punto de vertido de Bama debe ser, cando menos, quincenal.
  3. Informe de situación das infraestruturas de drenaxe, canalización, control e acondicionamento das augas.
  4. Detalle des medidas correctoras adoptadas no período. Medidas correctoras propostas en caso de seren necesarias. Resultados.
  5. Plan de control da calidade das augas subterráneas na contorna da explotación.

A memoria de seguimento e control das augas debe formar parte da Memoria Ambiental Anual, do Plan de Labores.

Adicionalmente, debe presentarnos a solicitude para obter do organismo de conca as autorizacións pertinentes para o desenvolvemento da súa actividade, no prazo de corenta días, tanto as relativas á zona de Arinteiro como á de Bama. Recordámoslle que a inobservancia dos requirimentos da inspección de minas é unha infracción tipificada na Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Na Coruña, o xefe do Servizo de Enerxía e Minas”

Despois de cinco anos as augas contaminadas siguen vertendo ao ríos.


Asociación Mineiros Touro-O Pino /