Redacción •  Galicia •  25/07/2017

Concentración solidaria cós Presos Políticos Saharauis

Gran éxito da Concentración e performance pola nulidade da sentencia de Gdeim Izik en Santiago.

Concentración solidaria cós Presos Políticos Saharauis

Abeledo participou na concentración solidaria cós Presos Políticos Saharauís na praza do Obradoiro (Santiago de Compostela).

Dende EU Narón denunciamos a inxusta situación que vive o Pobo Saharauí, representada esta semana polas durísimas condenas coas que Marrocos castigou aos activistas saharauís do Gdeim Izik pola súa loita pacífica, a favor dos dereitos humanos, e a autodeterminación do seu pobo. 
 
André Abeledo,  concelleiro e voceiro de EU Narón, participou na concentración e no acto simbólico onde atados con cadeas e có nome de cada un dos presos políticos representaban aos presos saharauís condenados inxusta e ilegalmente por Marrocos.
 
Abeledo insiste en que os pobos do mundo  temos un deber solidario e internacionalista para có pobo saharauí.
 
Un deber que no caso do Estado Español para có Sáhara Occidental vai moito máis lonxe, o Estado Español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, un pobo o que abandonou e traizoou.  
 
Debemos facer chegar, e esixir ao goberno de España que cese dunha vez a súa irresponsabilidade, e como potencia administradora deixe de mirar para outro lado e exerza en dereito o seu deber de esixir a lei co pobo saharauí. Que responsablemente solicite a anulación desta sentenza e cúmpranse os dereitos do Pobo Saharauí.

Gdeim Izik /  presos políticos saharauis /