Redacción •  Galicia •  09/02/2024

Debate no marco da campaña electoral sobre Palestina

9 de Febreiro as 19.00 da tarde na Facultade de Xeografía e Historia da USC (aula 10), e a iniciativa de BDS Galiza (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel), terá lugar un debate sobre distintas cuestións que afectan directamente ao pobo palestino, e no que intervirán representantes das seguintes candidaturas presentadas no marco das eleccións galegas.

Debate no marco da campaña electoral sobre Palestina

Por un mundo máis xusto: Rafael Manuel Fernández Alonso.

Podemos: Javier García.

BNG: Duarte Correa.

PSG-PSOE: Silvia Longueira.

Sumar: Manuel Moure Pérez.

Israel leva máis de 3 meses cometendo un xenocidio contra o pobo palestino, e 76 anos oprimíndoo a través dun proxecto colonial e de apartheid. As candidaturas que aspiren a gobernar Galiza deben incluir nos seus programas electorais medidas contundentes contra este xenocidio e de apoio á libre autodeterminación do pobo palestino. O motivo deste debate é clarificar que medidas están dispostas a tomar as distintas candidaturas para rematar coa masacre.

Convidámosvos a asistir ao debate e agradecemos a súa difusión. Para máis información, adxuntamos cartaz e cuestionario remitido ás candidaturas. 

BDS é a maior coalición da sociedade civil palestina dende 2005 pola LIBERDADE, a XUSTIZA e a IGUALDADE en resposta aos 76 anos de opresión israelí baixo un rexime de apartheid, limpeza étnica, ocupación e xenocidio.

Inspirado no movemento anti-apartheid sudafricano, BDS insta a presionar a Israel de maneira non violenta para que respete o dereito internacional e poñendo fin á ocupación, recoñecendo a plena igualdade das palestinas cidadás de Israel e respeitando o dereito de retorno das persoas palestinas refuxiadas, como estipula a ONU.


boicot a Israel /