Redacción •  Galicia •  19/04/2024

19 de abril: «Paremos o xenocidio en Palestina»

Fin ao comercio de armas e das relacións con Israel. Liberdade para as persoas palestinas presas.

Hoxe, 19 Abril. Saida da Praza de María Pita ás 20 h.

Chegada á Delegación do Goberno.

19 de abril: «Paremos o xenocidio en Palestina»

Hoxe 19 de abril BDS Coruña, parte de BDS Galiza, súmase á convocatoria de mobilización estatal promovida pola RESCOP (Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina).

Boicote, Desinvestimento, Sancións (BDS) é un movemento internacional pola liberdade, a xustiza e a igualdade, liderado pola maior coalición da sociedade civil palestina. BDS busca acabar co xenocidio, a ocupación e o apartheid das palestinas, por métodos non violentos. BDS defende o simple principio de que as palestinas teñen os mesmos dereitos que o resto da humanidade.

Ademáis de BDS Coruña, tamén participan e apoian:

  • Amnistía Internacional A Coruña
  • Centro Social A Revolteira
  • Centro Social Acéfala
  • CGT – Confederación Xeral do Traballo
  • CNT – Confederación Nacional do Traballo
  • Colectivo Rexurdir Galicia
  • Comisión Aberta en Defensa do Común
  • Coordenadora Antimilitarista Galega
  • Corunha Antimilitar
  • Defensa do Común
  • Ecoloxistas en Acción Coruña
  • Ecoloxistas Galicia Atlantica e Verde
  • Encontro Galego contra a OTAN.
  • Riazor Blues
  • Sindicato de Estudiantes
  • Unión Anarcosindicalista da Coruña

Despois de 6 meses de masacre diaria reproducida nas redes sociais a sociedade civil segue sen ficar calada. Chamamos á cidadanía da Coruña e Galiza a sair á rúa e berrar contra tanta barbarie por parte de Israel, perante o silencio cómplice do goberno da Xunta do PP e a reacción morna e políticamente calculada do goberno do PSOE e SUMAR.

Non podemos permitir que sigan bombardendo e asasinando diariamente o pobo palestino. Non podemos seguir escoitando falar ao goberno español do recoñecemento dun Estado Palestino mentres continua co negocio de armas, e ca relación política e comercial con Israel.

Sufrimos co pobo palestino, e amosamos toda a nosa solidariedade coa poboación de Gaza e Cisxordania.

Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!!!


Palestina /