Concentración «Na Coruña: Paremos o xenocidio en Palestina. Fin ao comercio de armas e as relacións con Israel»
Contra a Nakba 1948-2024. Palestina libre do río ao mar.
Hoxe mércores 15 de maio. Praza das Conchiñas, 19 h.
Contra a Nakba, contra o xenocidio e pola solidariedade das traballadoras co pobo palestino.
Hoxe mércores 15 de maio conmemórase o aniversario da Nakba. Nakba significa en árabe “desastre”, “catástrofe”.
BDS Coruña, xunto cos Sindicatos CGT, CUT, Sindicato de Elevación, CNT, Sindicato de Estudantes e a Asociación Veciñal da Agra do Orzán, realizarán na Praza das conchiñas ás 19 h un acto de conmemoración onde se poñerán fotos das mártires palestinas nas diferentes masacres cometidas por Isrel desde a Nakba.
Por outra banda, os sindicatos e as traballadoras galegas respostan ao chamado dos sindicatos palestinos ás traballadoras de todo o mundo a parar de armar a Israel e a rematar con toda complicidade co sionismo.
A Nakba foi a limpeza étnica das palestinas levada a cabo por Israel en 1948 a través da súa expulsión violenta, desposesión de terras, fogares e pertenzas, xunto coa destrución da súa sociedade, cultura, identidade, dereitos políticos e aspiracións nacionais.
Os xudeos expulsados polos europeos foron enviados a Palestina, para evitar a súa presenza na Europa antisemita e para culminar o proxecto sionista de crear un Estado racista nunha terra da que serían eliminadas as súas habitantes.
Aínda que estas non son as primeiras masacres de palestinas por sionistas, sí é o punto de inicio da diáspora palestina por todo o mundo, e o inicio do criminal sistema de ocupación e apartheid que continúa ata hoxe, co apoio de Estados Unidos e os seus servos occidentais, contravindo en repetidas ocasións os dictámenes da ONU e a comunidade internacional.
Moitas das palestinas da diáspora conservan coma un tesouro a chave da vivenda que tiñan en Palestina antes da expulsión. Na Praza das Conchiñas se fará alusión a este símbolo de esperanza de retorno.
Agora, especialmente tras a criminal invasión de Rafah por Israel, é preciso deter ao sionismo e a todos os seus cómplices occidentais para permitir a creación dun estado palestino que devolva os seus dereitos á poboación e contribúa á liberación dos pobos oprimidos.
Viva a loita do pobo palestino!!! Viva a solidariedade internacional!!!