Un anteproxecto que non só suporá a redución das áreas sanitarias e aumentará a burocracia e complexidade dos distritos sanitarios, un modelo rexeitado anteriormente, e que o que fai e afondar na perda de capacidade de xestión das diferentes comarcas e tamén o empeoramento do funcionamento da atención primaria que unha vez máis é a máis prexudicada por esta nova distribución da Xunta de Galicia. Desde En Marea teñen denunciado igualmente o que supón a introdución da empresa privada e os seus intereses ao tempo que se ten denunciado o conflitos de interese remarcados polo propio Consello bioético, pero nesta ocasión o que se leva a cabo é directamente o plan galego de investigación sen explicar que o vai substituír e introducindo aínda máis a empresa privada. Por este motivo En Marea pedirá que o Goberno galego aclare cal é o seu plan e como vai blindar a sanidade pública da introdución da empresa privada.
Outro aspecto a destacar do anteproxecto presentado polo Goberno do Partido Popular é a eliminación da participación social pública e no que se cambia pola introdución das entidades representativas de intereses económicos e profesionais, é dicir “a empresa privada trasladando o seu interese dentro do deseño das políticas sanitarias públicas mentres desaparece a Universidade, as asociacións de veciños ou calquera outro elemento de participación da cidadanía, que decidirá a partir de agora a Xunta de Galicia mediante decreto“. “O PP reservase quen poderá opinar e participar na planificación da nosa sanidade“ denunciou Eva Solla.
Eliminan tamén os puntos que daban acceso a información aos membros do Consello galego de saúde. Unha continuidade do que está xa a facer a Xunta no Parlamento de Galicia obviando e non contestando as preguntas presentadas polos grupos da oposición, pero neste caso elimina a posibilidade de coñecer os datos por exemplo dos contratos coas empresas privadas, das memorias do Servizo Galego de Saúde ou as valoracións dos propios orzamentos. Así mesmo elimina a composición paritaria do órgano. Isto sumado a ese baleirado dos consellos de saúde de área, non só restan capacidade ao Consello senón tamén as estruturas inferiores o que provoca unha eliminación total da participación social do deseño das políticas sanitarias.
En Marea anunciou xa que presentará unha emenda de devolución a esta norma que será presentada no mesmo momento no que entre no Parlamento de Galicia para a súa tramitación.