«A dia foi negativa en Touro e o pie tamén terá que ser negativo»
- Declaración de PIE do proxecto (non novo) de reapertura da mina en Touro.
Os concellos de Riotinto e Nerva, onde Atalaya Mining conta coa sua única actividade de minería metálica na península en funcionamento, onde prácticamente é un monopolio de actividade pola sua tradición mineira e onde todo vascula aredor da mina, acumulan unha tasa de desemprego de 16,81% e 19,57%.
Esta empresa que pretende, a través dunha nobel e inexperta empresa que crea ad hoc, reabrir a actividade mineira nos concellos de Touro e O Pino a menos de 1000 metros dos albergues do Camiño de Santiago en Pedrouzo, a derradeira etapa do Camiño Francés por onde pasan anualmente máis de 200.000 persoas de diversas nacionalidades que buscan lecer, tranquilidade, paisaxe e tranquilidade no Camiño e no entorno; a menos de 500 metros de vivendas en Touro que se verán gravemente afectadas por non decir expulsadas do seu entorno para favorecer a implantación da mina.
Nos concellos de Touro e O Pino o desemprego é residual, apenas entre un 5 % e 8%, e todos os días se poden atopar ofertas de emprego para cubrir postos de traballo asentados e sostibles nas actividades asentadas na comarca como son a agricultura, industrias agroalimentarias, gandeiría, turismo, forestal, comercio, transporte… todas elas totalmente incompatibles con que lles poñan unha mina á porta totalmente irrespetuosa coas actividades actuales, e menos ainda que as deixen sen masa territorial suficiente para poder continuar coa actividade actual, como pode ser o caso de gandeirías que poden ver expropiadas as suas terras en favor da mina, e que os despacharían cunha expropiación, por non falar da perda de valor patrimonial das vivendas que se verán totalmente devaluadas.
Destes datos podemos pensar que o que se pretende é cambiar a actividade das persoas na zona e que todos se volvan mineiros, pero tamén podemos pensar que o que se pretende é recolocar a xente desempregada ou excedente doutras zonas mineiras, para ocupar aquí postos, tendo en conta que neste tipo de empresas o persoal técnico e especialista xa contan con él, coa terrible consecuencia de que as actividades económicas asentadas que actualmente diversifican beneficios e emprego na comarca, vaian pechando para deixar a zona en monopolio da mina, como acontece nos concellos onde está actualmente, onde por citar de xeito anecdótico solo existe un hotel, con moi poucas reservas ao longo do ano.
O papel da Conselleira de Industria totalmente a favor deste proxecto temos que rexeitalo e facerlle unha chamada de atención á sua posición totalmente subxectiva a favor desta mercantil, sin analizar antes o que o que acontece nestas terras; este proxecto xa obtivo unha DIA negativa sobre todo polas suas repercusións sobre todo na cunca do río Ulla, porque a xente nunca se ten en conta; coa aceptación dun proxecto industrial estratéxico estase obviando esta declaración, dun proxecto que é o mesmo, unha mina a ceu aberto no medio de vivendas e propiedades que xeran economía e tamén son industria. Tamén sinalar a ausencia de participación pública nesta categoría de proxectos, o que fai adiviñar o medo ás alegacións e informes en contra que se poidan aportar por parte da poboación, no sería precisa a figura dun decreto lexislativo que limite a participación pública, se as cousas se fan ben, a pesar de ter unha declaración de proxecto industrial estratéxico a poboación directamente afectada non conta cos documentos para avaliar e poder defenderse e opinar en tempo e forma.