Redacción •  Galicia •  23/09/2017

Eva Solla, Vanessa Angustia e Yolanda Díaz participan mañá domingo na “Asemblea de Zaragoza” para buscar unha saída dialogada á situación de Catalunya

Na xuntanza participarán Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e  vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e Yolanda Díaz, voceira de En Marea no Congreso.

Eva Solla, Vanessa Angustia e Yolanda Díaz participan mañá domingo na “Asemblea de Zaragoza” para buscar unha saída dialogada á situación de Catalunya

Este domingo 24 de setembro, a partir das 9 horas da mañá, Zaragoza acollerá a “Asemblea pola fraternidade, convivencia e liberdades”, un espazo de encontro entre diferentes forzas políticas para buscar unha solución política dialogada e democrática ante a situación de “excepción” que se está a vivir en Catalunya.

Na xuntanza participarán Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e  vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e Yolanda Díaz, voceira de En Marea no Congreso.

 

Xuntanza cívica e dialogada á situación política en Catalunya

 

Data: Domingo, 24 de setembro.

Hora: A partir das 9h. (Apertura de portas para acreditacións, ás 8h.)

Lugar: Pabellón Siglo XXI (C/Luis Legaz Lacambra 35), Zaragoza.

Streaming: https://www.youtube.com/watch?v=gwOat4FtMm0

 

 

 


Eva Solla /  Yolanda Díaz /