Precisamos medidas urxentes para salvar o galego e polo tanto a Galiza
É importante transmitir e entender a necessidade de falar galego, de defender o noso idioma, a xuventude galega ten que ser consciente de que falar galego na Galiza continúa sendo un acto de resistencia.
O galego está en perigo, cando un idioma non se fala morre, a morte do galego é a perdida total da nosa identidade como pobo, é a derrota completa da nosa nazón.
Despois de séculos de resistencia, de manter o noso idioma vivo grazas a clase traballadora, aos campesiños, ao pobo que seguíu usando a súa língua soportando as humillacións, a persecución, a negación do noso dereito a existir.
Sabemos que o Partido Popular de Galicia se disfraza de galeguista para seguir no poder.
Con absoluta hipocresía entrega as medallas Castelao cando o seu fundador Manuel Fraga, que foi primeiro Ministro na dictadura de Franco, despois fundador de Alianza Popular que logo pasou a ser Partido Popular, para ser acabar sendo presidente da Xunta de Galicia.
Un Manuel Fraga que chegou a prohibir nomear unha rúa co nome de Castelo, o mesmo PP que votou en contra de recoñecer a Castelao como o primeiro presidente da Xunta de Galicia, o mesmo PP que agora votou en contra do uso do galego no Parlamento da Unión Europea.
Desgraciadamente temos o inimigo do pobo galego, do idioma galego, e da nazón galega, gobernando na Galiza, Rueda o valido de Feijóo segue as mesmas políticas que o seu predecesor.
Esta terrible realidade, e o feito de que somos tratados como a periferia, como unha nazón de segunda, ese é o problema de ser unha nazón sen Estado gobernada polo inimigo.
Precisamos recuperar o orgullo de ser galegos, entender que precisamos dunha discriminación positiva, dunha lexislación que impoña o galego como o idioma principal da Galiza, e tamén como o idioma necesario para vivir na Galiza. Claro está dando todas a ferramentas para aprender o noso idioma a xente que veña de fora do noso país.
Son necesarias medidas de urxencia, medidas decididas e radicais para salvar o noso idioma, o galego, e polo tanto a esencia para a existencia da nazón galega e para poder seguir sendo galegos.
Cando falo de medidas radicais refírome aquelas que van a raíz dos problemas, que buscan solucións reais e non discursos que quedan no papel, ou supostas leis que pretenden salvar ao castelán como si estivese en perigo pola existencia do galego.
Xa basta de política linguística colonial contra o noso idioma.