BDS Ourense convoca concentración no domingo 23 de marzo contra o racismo e rexime sionista de apartheid
O movemento Boicotes, Desinvestimentos e Sancións a Israel de Ourense (BDS Ourense) convoca ás 20h do domingo 23 de marzo de 2025 unha concentración diante da Subdelegación de Defensa, situada no número 35 da rúa do Paseo de Ourense.

O lema da convocatoria é «Contra o racismo e o rexime sionista de apartheid» e está inscrita na Semana Contra o Apartheid Israelita (que dura desde o día 21 de marzo, Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial até o 30 de marzo, Día da Terra Palestina) do Comité Nacional Palestino de BDS, que anima a unir todas as loitas contra a opresión, incluíndo a liza do pobo palestino contra o xenocidio. Seguindo este chamamento, BDS Ourense anima a participar aos colectivos e individualidades que loitan contra a opresión en todos os ámbitos (económico, social, político…) nesta mobilización e a que fagan referencia á Semana Contra o Apartheid Israelita nos seus eventos entanto esta dure.
Máis información sobre a Semana Conta o Apartheid Israelita aquí.