Redacción •  Galicia •  15/01/2018

O escrito da Fiscalía de Lugo deixa en evidencia a existencia dunha xustiza patriarcal de índole machista

A falta de formación ás e aos profesionais no ámbito da xustiza é unha cuestión que temos reclamado na comisión de igualdade do Parlamento de Galicia, tal como veñen demandando os colectivos que traballan con mulleres vítimas de trata e explotación sexual e coas vítimas de violencia de xénero.

O escrito da Fiscalía de Lugo deixa en evidencia a existencia dunha xustiza patriarcal de índole machista

O coñecemento do escrito da fiscalía de Lugo en referencia á causa xudicial máis extensa de Galicia, a Operación Carioca, no relativo ao prostíbulo Club Liverpool de Lugo, “deixa en evidencia a existencia dunha xustiza patriarcal de índole machista e a falta de formación ás e aos profesionais que a exercen, cuestión que temos reclamado na comisión de igualdade do Parlamento de Galicia, tal como veñen demandando os colectivos que traballan con mulleres vítimas de trata e explotación sexual e coas vítimas de violencia de xénero” manifesta a Coordinadora nacional de EU Eva Solla, ante a petición de sobreseemento  da fiscalía por falta de visos de delito ante as acusacións.

Por outra banda, a responsable da Área de muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez manifesta que, entre outras cousas recollidas no auto “ resulta incomprensible o feito de que tal como recolle o auto da fiscalía, unha menor exerza a prostitución nun prostíbulo mentras os axentes chamados a protexela,  normalicen a situación de violencia e explotación, mesmo obviando a situación de minoría de idade da vítima alterada “a bolígrafo” no seu pasaporte”, lembramos que estes garda civís, foron eximidos de responsabilidade.

Con este escrito, “queda patente, por parte da administración, o descoñecemento da realidade que viven as mulleres vítimas da trata e explotación sexual, cuestión que para Esquerda Unida é unha forma extrema de violencia de xénero e que pon de manifesto como a xustiza e a totalidade do sistema non protexe os dereitos das mulleres, e máxime os daquelas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade como acontece neste caso” manifesta a coordinadora da área de muller de EU, Raquel Bernárdez.

Por todo isto, dende a de muller de Esquerda Unida reiteramos a nosa posición en defensa da abolición da prostitución como forma extrema de violencia fronte á pretensión de normalización desta práctica. Asimesmo reiteramos a necesidade de formación en materia de violencia de xénero a todas as persoas que exercen representación legal no ámbito da xustiza.


Esquerda Unida /  justicia /  machismo /