O Consello das Mareas acorda apoiar a moción de censura presentada polo PSOE contra Mariano Rajoy
O pasado venres en sesión telemática de urxencia o Consello das Mareas acordou apoiar a moción de censura presentada polo PSOE para desaloxar ao presidente Mariano Rajoy do Partido Popular do Goberno de España.
Esta decisión foi tomada tendo en conta o posicionamento xa definido a respecto dunha situación similar o pasado no que as inscritas de EM por 763 votos, o 84% dos votos emitidos daquela, foi favorable a presentar unha moción de censura. Tamén acordouse no consello realizar coas parlamentarias de En Marea no Congreso unha xuntanza co Consello a fin de compartir información e propostas sobre os contidos para o apoio á Moción de censura.
Destes acordos deuse traslado ao Grupo das deputadas de En Marea no Congreso.