En Marea esixe a Xunta que exerza as súas competencias e decrete a apertura inmediata da pesca da Sardiña para o xeito
Lembran que as competencias en augas interiores son de Galicia como recolle a Constitución e o Estatuto de Galicia, nin do Estado nin da Unión Europea.
O grupo parlamentario de En Marea esixe a Xunta de Galicia que actúe e decrete a apertura inmediata da pesca da sardiña para o xeito xa que defenden que é Galicia e non o Estado quen ten estas competencias. Desde En Marea lembran que as competencias en augas interiores son de Galicia como recolle a constitución e o Estatuto de Galicia., nin do Estado nin da Unión Europea.
En segundo lugar, porque é inxusto tratar ao xeito igual que outras artes dedicadas á sardiña xa que no que leva de ano apenas capturou o 0,19 por cento do total de sardiña capturado o que evidencia que a súa incidencia na biomasa e nas cotas dispoñibles é ridícula.
Por último, desde o grupo parlamentario consideran que non existe criterio que explique que se espere ata o 1 de agosto para reabrir a pesquería, desaproveitando estes dous meses cando as capturas obteñen os maiores prezos de venda.
Dende en Marea defenden a autoxestión, e polo tanto o reparto temporal das posibilidades de pesca dispoñibles para o sector do xeito, debe ser decidido polo sector, polo tanto si o sector prefire utilizar a cota dispoñible nos días que resta do mes de xullo e non con posterioridade, debe prevalecer a súa decisión, sobre á da burocracia estatal.