En Marea •  Redacción •  Galicia •  21/09/2016

En Marea denuncia a intención do PP de aprobar “pola porta de atrás“ un borrador de Real Decreto para roubar a riqueza produtiva das rías en favor das multinacionais e a minaría

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, visitou Cambados na tarde do mércores onde mantivo un encontro coas mariscadoras e visitou a praza de abastos para coñecer de primeira man as necesidades e reclamacións do sector. Durante estas visitas os traballadores e traballadoras nos falaron das situación do sector tras os anos de políticas de abandono e ataque por parte do goberno de Núñez Feijóo e destacaron tamén o ameazados que se sentiron coa lei de acuicultura que o PP tentou impoñer.

En Marea denuncia a intención do PP de aprobar “pola porta de atrás“ un borrador de Real Decreto para roubar a riqueza produtiva das rías en favor das multinacionais e a minaría

Neste sentido, Luís Villares denunciou a redacción por parte do goberno en funcións do Estado dun borrador de Real Decreto que queren colar pola porta de atrás e contra o que a xente do sector está radicalmente en contra. “Unha norma que quere aprobar Rajoy e que leva a mesma senda que Feijóo de lexislar contra o sector e contra a xente para lle roubar a súa riqueza produtiva a favor das multinacionais e a favor da minaría, outro dos sectores incluídos neste Real Decreto. É inaceptable que o que a cidadanía galega parou na rúa enfrontándose cara a cara, agora queren colalo vía Estado e pola porta de atrás“ salientou Villares.
 
Martín Códax, exemplo de cooperativismo e economía social
 
Tras o encontro cos mariscadoras e a visita a praza de abastos, o candidato de En Marea visitou a adega de Martín Códax que cualificou coma “un exemplo punteiro do que pode ser traballo cooperativo entre persoas dun sector interesados na economía produtiva, social e na que non se explota a xente senón que todo o mundo vive dignamente do seu traballo. Un exemplo a imitar“. O candidato á presidencia salientou o feito de que En Marea inclúe no seu programa o fomento do traballo cooperativo no que todo o mundo se sinta implicado e responsable da produción, das condicións da produción e da dignidade do traballo e sobre todo a dignidade dun produto que leva o esforzo de quen o fai. O etiquetaxe de Martín Códax en galego foi outro dos elementos destacados por Villares que asegurou “é un distintivo de calidade para o noso produto na medida en que tanto aquí como fora de Galicia exportar calidade na lingua na que se produce“.


En Marea /