Esquerda Unida presenta a candidatura “A Esquerda con Forza”, encabezada por Eva Solla, para as Eleccións Autonómicas á Xunta de Galicia
A ‘Esquerda con Forza’ é unha candidatura feminista, encabezada por mulleres nas catro provincias, que nace para facer fronte aos dez anos de recortes do Goberno de Feijóo
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de presentar en rolda de prensa a candidatura de Esquerda Unida “A Esquerda con Forza” para as Eleccións Autonómicas á Xunta de Galicia, coas candidatas e candidatos de Esquerda Unida nas catro provincias, “unha candidatura feminista e preparada para facer fronte aos dez anos de recortes da dereita”.
“Finalizada a segunda fase das primarias de Esquerda Unida para as vindeiras Autonómicas de 2020, hoxe presentamos a candidatura A Esquerda con Forza”, sinalou Eva Solla nada máis comezar a rolda de prensa. Solla lembrou que foi en setembro cando comezamos a traballar para elixir un equipo de Esquerda Unida preparado para facer fronte á dereita. “O obxectivo é situar aos mellores cadros da organización para arrebatar á dereita o Goberno e evitar que se apliquen políticas contra a clase traballadora. Este proceso se da despois de 10 anos consecutivos de recortes, nos que Galicia acumula medio millón de persoas pobres e unha destrución dos principais sectores produtivos e tamén do desmantelamento dos servizos públicos”.
Sobre o proceso de Primarias internas, Solla lembrou que “só se presentou unha candidatura, A Esquerda con Forza, presentada no Proceso de Primarias de Esquerda Unida, será ratificada o vindeiro sábado 14 de decembro, na Coordinadora Nacional de Esquerda Unida”.
Unha candidatura feminista
Respecto á presentación das listas, Solla fixo fincapé na importancia de “poñer en valor o feminismo”. “Todas as nosas candidaturas provinciais están encabezadas por mulleres. Ademais, todas as nosas listas son cremalleira e inciden na relevancia da igualdade, algo fundamental máxime cando está a emerxer unha dereita en contra da maioría social”, destacou.
Tamén sinalou outros valores presentes nas candidatas e candidatos que forman A Esquerda con Forza, como a xuventude ou a experiencia, “xa que moitas e moitos desempeñaron cargos públicos ou responsabilidades orgánicas dentro da organización”, dixo.
De cara ao futuro, Solla sinala que “nos meses vindeiros traballaremos centradas en aspectos moi importantes para a nosa organización: a elaboración do programa electoral, o mantemento de xuntanzas e conversas con outras forzas políticas para reforzar a confluencia, como xa fixemos coa coalición En Común”. “Hoxe damos un paso adiante e trasladamos que esta organización está totalmente preparada para facerlle fronte á dereita no noso país, nun contexto no que é necesario combater estes 10 anos de recortes”, rematou Eva Solla.
CANDIDATURA ESQUERDA UNIDA PARA AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE 2020
A ESQUERDA CON FORZA
LUGO
Vanesa Somoza Domínguez. Deseñadora gráfica e artista plástica.
Carlos Anxo Portomeñe Pérez. Artesán e escultor.
María Jesús Rodríguez Rodríguez. Licenciada en psicoloxía, psicóloga no Servizo de Protección de Menores da Xunta
Fernando Yáñez Pérez. Formación superior produtos electrónicos, traballador de hipermercados vendedor electrodomésticos.
A CORUÑA
Loreto Taibo Rama. Licenciada en dereito e avogada.
Néstor Sieira Fernández. Administrativo, licenciado en Filosofía e Máster en Historia Contemporánea pola USC.
Saíza Ruíz Ferreño. Fisioterapeuta.
Jorge Crego Blanco. Doutor en Dereito pola Universidade da Coruña, investigador en Filosofía do Dereito na Universidad Internacional de La Rioja.
OURENSE
Sofía Díaz Gómez. Traballadora social no sector público.
José Antonio Villar Blanco. Licenciado en Historia, traballador de artes gráficas.
Isabel Peña-Rey Lorenzo. Doutora en medicina, traballadora na Xunta de Galicia.
Carlos Miguélez Soto. Caixeiro repoñedor.
PONTEVEDRA
Estela Miller Fernández. Técnica superior informática.
Juan Lamelas Alfonso. Traballador no sector da hostalaría.
Nuria Andión Rodríguez. Licenciada en Tradución e Interpretación e traballa na biblioteca da universitaria.
Lino Costas Vila. Traballador no sector do metal.
Fuente: Gabinete de prensa Esquerda Unida