Redacción •  Xunta de Galicia •  Galicia •  28/06/2016

CCOO denuncia a «improvisación» da Consellería de Educación e a «falta de respecto» ao profesorado pola avaliación de primaria

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) denuncia a «improvisación» da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e "a falta de respecto" da Administración educativa ao profesorado. O sindicato critica que se publicase "tarde" -só doce días antes de rematar o curso- a orde de avaliación da educación primaria e, "aínda por riba", que o sistema XADE -a aplicación informática para a xestión de datos- non permita introducir as avaliacións por competencias a que obrigan tanto a devandita Orde como a LOMCE.

CCOO denuncia a «improvisación» da Consellería de Educación e a «falta de respecto» ao profesorado pola avaliación de primaria
CCOO-Ensino púxose en contacto coa Consellería, pero unicamente tivo como resposta que «aínda non teñen claro» cando se poderán introducir estes datos no sistema. Pola contra, a interface do propio XADE amosa unha mensaxe que advirte que a dita opción previsiblemente estará dispoñible na primeira semana de xullo.
 
A Federación do Ensino de CCOO xa denunciara no seu día que a publicación da Orde de avaliación de primaria chegaba tarde e obrigaba o profesorado a adaptar sobre a marcha os documentos de avaliación da etapa. A queixa sindical vese confirmada pola imposibilidade de facer efectivos uns documentos no sistema de xestión que ha recoller o historial do alumnado e que o acompañará por traslado de centro ou cambio de etapa educativa.

CCOO /  Consellería de Educación /  ensino /  Galicia /  Xunta de Galicia /