Ernesto Ilkermn / Roberto Solano •  Galicia •  23/11/2016

Manifestación dos veciños de Teis (Vigo) que piden un autobús ao Hospital Álvaro Cunqueiro

O 22 de novembro as e os veciños de Teis en Vigo volveron a saír en manifestación polas rúas do barrio para pedir que o Concello poña un bus ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Manifestación dos veciños de Teis (Vigo) que piden un autobús ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Levan case 4.000 sinaturas recollidas, pero o alcalde do PSOE, Abel Caballero, fai oídos xordos a súa petición dende fai meses. Para chegar ao complexo hospitalario de referencia en Vigo non teñen un Vitrasa directo, e vense obrigados a faceren varios transbordos, o que fai que nun desprazamento a un hospital que está a uns 10 km. en día de semana tarden unha hora para ir e outra para volver. Esa distancia é inviable facela andando, sobre todo para xente maior e enferma. As fins de semana agrávase, dándose o caso de traballadores do Complexo hospitalario que teñen que ir en taxi, porque non hai buses. Como non todo o mundo ten coche ou carnet de conducir, ou non teñen para pagar o párking, a situación é na práctica unha mingua considerable da asistencia sanitaria en boa parte de Vigo. Ademais de Teis son varios os barrios ca mesma problemática, derivada de cerrar o Xeral e levar o maior hospital ó quinto carallo, no medio do monte, xestionado en boa parte por empresas privadas.
 
 
Ao remate da mobilización falou Anxo Iglesias, da Asociación Veciñal de Teis, que replicou ao alcalde de Vigo que ten por costume afirmar «no se movilicen, ya estoy yo en ello» dicíndolle que «aquí o que queremos é solucións». Un home de avanzada idade dirixiuse a Anxo animando á Asociación de Veciños a proseguir na loita, pois el e máis a súa muller teñan que coller un taxi para ir ao Álvaro Cunqueiro. Coma eles moitas persoas de Teis están na mesma situación de desprotección sanitaria por parte da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo.
 
Non é a primeira das manifestacións que fan, e seguirán mobilizándose (a seguinte manifestación será en tres semanas) malia que a resposta do alcalde ate agora ten sido botar balóns fóra. Uns días antes desta manifestación Abel Caballero respondía deste xeito, acompañado por varios concelleiros do PSOE, a algún veciño que lle recordou o asunto do autobús urbano:
 

sanidad /  Teis /  transporte /  Vigo /