Redacción •  Galicia •  29/06/2020

Gómez Reino: “O 12X temos que pechar as portas da Xunta á represión e á intolerancia da extrema dereita de Feijóo e Abascal”

“Precisamos dun Goberno galego á altura da sociedade, que crea na diversidade e na pluralidade, que sume e avance en dereitos e igualdade”.

Gómez Reino: “O 12X temos que pechar as portas da Xunta á represión e á intolerancia da extrema dereita de Feijóo e Abascal”

A Coruña, 28 de xuño.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, afirmou hoxe que o vindeiro 12 de xullo as galegas e os galegos temos que “pechar as portas da Xunta á represión e a intolerancia da extrema dereita de Feijóo e Abascal” e poñer fin “ao decenio negro do PP”cunha maioría de esquerdas que transforme o país nunha Galicia de futuro.

“Estamos preto, estamos moi preto, estamos a uns poucos miles de votos de acabar con este decenio negro de recortes, retrocesos, privatizacións e destrucción do público que foron os gobernos sucesivos de Alberto Núñez Feijóo”, manifestou Gómez Reino.

“Podemos, claro que podemos acadar unha maioría de esquerdas que transforme este país e que recupere o futuro cunha aposta decidida polo público, coas persoas e os coidados no centro onde ninguén fique atrás”, afirmou o portavoz e candidato.

Foi esta mañá nun acto público e aberto pola diversidade no Campo da Leña, no que Gómez Reino facía un recoñecemento explícito a loita do colectivo LGTBI na cidade herculina, como en tantas outras do país, por acadar a igualdade “nunha sociedade onde todo o mundo poida amar como queira”.

“Nestas eleccións cómpre un Goberno galego que crea na diversidade e na pluralidade. Que afonde nos avances lexilativos e normativos que se están a dar desde o Goberno do Estado, onde Galicia senta no Consello de Ministros, para situar as demandas do colectivo LGTBI no lugar que lles corresponde na sociedade”, reiterou Gómez Reino.

No acto, tamén tomaron a palabra Martiño Noriega, candidato número tres pola Coruña, quen defendeu a “policromía e a diversidade” da coalición como “ferramenta para construír en común”. “Estamos en disposición de impugnar o estado das cousas. Eles queren un país para os menos. Nós para os máis. O 12 de xullo toca coller as institucións e poñelas ao servizo do pobo”, subliñou.

Mentres, a candidata pola Coruña, Luca Chao, defendeu a importancia de «que a liberdade comece na escola”. No acto, estiveron arroupados polas candidatas Saínza Ruiz, Inés Cebreiro, Adrián García e pola concelleira da Coruña, Silvia Cameán.


Alberto Núñez Feijóo /  Antón Gómez-Reino /  Galicia en Común-Anova Mareas /  Santiago Abascal /