Redacción •  Galicia •  26/08/2020

CCOO Galicia insta o Sergas a «cumprir a promesa» de recompensar o labor do seu persoal durante a pandemia

O pasado maio asegurou estar preparando un «paquete» de medidas do que nunca máis se soubo.

CCOO Galicia insta o Sergas a «cumprir a promesa» de recompensar o labor do seu persoal durante a pandemia

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia insta o Sergas a «cumprir a promesa» de recompensar o labor do seu persoal durante a pandemia da COVID-19. Segundo o sindicato, os medios de comunicación fanse eco constantemente de noticias procedentes doutras comunidades autónomas onde xa aprobaron medidas neste sentido, tales como días de permiso retribuídos ou gratificacións extraordinarias. Porén, a Administración sanitaria galega aínda non fixo ningunha proposta na mesa sectorial.

Hai meses, CCOO-Sanidade remitiulle ao Sergas a proposta de recoñecer o traballo do seu persoal cun permiso de, polo menos, unha semana de duración, así como outro tipo de medidas. A petición foi reiterada na mesa sectorial do pasado 5 de maio, ao que a Administración respondeu que estaba a preparar un «paquete» de medidas para recoñecerlle ao persoal o seu esforzo e implicación.

Para CCOO, a Administración «tivo tempo abondo» de estudar a aplicación das mencionadas medidas «e pasar das boas palabras e os aplausos aos feitos», porque a día de hoxe nin sequera prevé tratar esta materia nunha mesa sectorial para a súa negociación.


CCOO Galicia /  CCOO-Sanidade /  SERGAS /  Servizo Galego de Saúde /