Redacción •  Galicia •  28/06/2023

BNG acada un acordo unánime para garantir o acceso á sanidade pública ás persoas emigrantes retornadas

Daniel Castro considera unha “vergoña” que os retornados que non puideron cotizar sexan tratados como “cidadáns de segunda” na sanidade pública

BNG acada un acordo unánime para garantir o acceso á sanidade pública ás persoas emigrantes retornadas

28/XUÑO/23.
A iniciativa do BNG, o Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta para permitir o acceso gratuíto á sanidade pública a aqueles galegos e galegas retornadas que non tivesen cotizado nin en Galiza nin en España. O BNG acadou tamén o apoio da Cámara galega para que a Xunta realice os trámites necesarios para que a CRTVG emita a través das súas canles dixitais con cobertura internacional programación infantil y xuvenil en galego.

“Debemos acabar tamén coa vergoña existente que consiste en que aqueles e aquelas emigrantes galegas que nunca puideron cotizar no noso país, nin no Estado español, teñan que pagar unha cota mensual se deciden volver e facer uso da nosa sanidade pública”, denunciou Daniel Castro durante a defensa da iniciativa do BNG, que tivo lugar a última hora do martes . Porque, ao seu xuízo, “non é normal que despois de que o teu país de orixe che obrigue a coller as maletas por falta de traballo digno, por falta de oportunidades, cando decides retornar te trate como unha cidadá de segunda que non ten dereito a sanidade pública, cando estamos falando de algo tan básico como a saúde das persoas”. “Non queremos que haxa galegos de primeira e de segunda”, insistiu.

O deputado nacionalista amosou a súa satisfacción polo apoio dos grupos parlamentarios a unha demanda que considerou necesaria e un dereito das persoas obrigadas a marchar fora de Galiza en busca de mellores condición de vida.


BNG /