Antón Sánchez carga contra a xestión do sector eólico por parte da Xunta de Feijóo
O deputado considera que o parque eólico Pena Forcada-Catasol II, que Gas Natural Fenosa pretende instalar no Concello de Laxe "é un bo exemplo do modelo do sector eólico que implantou o Partido Popular dende os tempos de Fraga".
Durante a presentación esta semana da Proposición Non de Lei de En Marea en rexeitamento á autorización da Xunta a este polémico proxecto considerou que aínda que Galicia ten «un territorio cun potencial enorme en horas de vento, un recurso eólico que non ten parangón en toda a Península Ibérica», o que fixo o Partido Popular «foi lexislar para que eses recursos fosen para beneficio dunhas poucas empresas», sobre todo de fóra.
O deputado recorda que os datos din que «máis do 85% do capital investido no eólico en Galicia é extranxeiro» e non se optou «por outro tipo de modelo con maior retorno social como sí se fixo noutros países con maior participación da xente», senón que se optou «por repartir a tarta do vento» prioritariamente ente as grandes eléctricas.
Sánchez recordou que durante moitos anos o sector eóico estivo para a nivel galego e instouse ao Goberno a reformar o plan sectorial, nun tempo que podería utilizarse «para que moita xente entrase no negocio do sector». Sen embargo -afirmou- «houbo parálise absoluta e só cando as condicións económicas o permitiron volvemos para darlle unha volta de torca para seguir beneficiando aos de sempre».