Eva Solla presenta unha lei para recuperar os dereitos das/os empregadas/os públicos que o PP rexeita
A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de defender no último pleno do Parlamento de Galicia unha proposición de lei en materia de emprego na que se pedía acabar coas medidas impostas aos empregados públicos no noso país coa escusa da crise; é dicir, unha lei para recuperar os dereitos roubados ás/aos empregadas/os públicos.
No ano 2012 a Xunta de Galicia adoptou unha serie de medidas aproveitando a situación de crise e imposición restritivas do Ministerio e UE que retiraban dereitos non só a nivel salarial, senón tamén descanso e negociación colectiva. “Seis anos despois é hora xa de devolver o que se lle quitou ás traballadoras e traballadores públicos en sacrificio pola crise”, asegurou Eva Solla.
“O propio Goberno galego fixaba na norma unha revisión de dous anos vinculando á situación económica a revisión desa norma que reducía os dereitos destas/es traballadoras/es. Agora que a situación económica, tal e como repite continuamente o Goberno da Xunta de Galicia mellorou, é hora de devoltar eses dereitos”, sinalou, “aínda que semella que a situación só mellorou para algúns porque os de sempre continúan a sufrir recortes”. “A Xunta, polo tanto, está a incumprir non só co compromiso de revisión, senón coa afirmación de que cando a situación mellorara se recuperarían os dereitos perdidos, reflexionou a deputada.
Doutra banda, Solla cargou contra o goberno do PP: “É obsceno e vergoñento que o presidente da Xunta de Galicia se suba o salario un 7 por cento pero que manteña os recortes para os e as empregados/as públicos. Non é aceptable que teñan que asumir unha perda de masa salarial dun 14 por cento, un deterioro das súas condicións laborais e recortes de persoal, mentres Feijóo se sube o salario e lle subo o seu ás e os conselleiros e conselleiras”.
Podedes ver un Resumo (coa intervención de Eva Solla e o deputado do PP) dende aquí.