A executiva nacional de Esquerda Unida celebra a moción de censura presentada por EU-OS VERDES-SON, ICM e BNG-AA ao goberno do PP de Mugardos
A Executiva Nacional de Esquerda Unida aplaude a moción de censura, un mecanismo democrático moi positivo para os intereses da maioría social e que permitirá traballar a partir de agora de forma conxunta, cooperativa e responsable.
![A executiva nacional de Esquerda Unida celebra a moción de censura presentada por EU-OS VERDES-SON, ICM e BNG-AA ao goberno do PP de Mugardos](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2016/08/comunicado_mocion-950x0-c-default.jpg)
A Executiva Nacional de Esquerda Unida, reunida esta tarde en Compostela, valorou moi positivamente o traballo levado a cabo polos partidos da oposición en Mugardos (EU-Os Verdes-SON, ICM e BNG-AA), que presentaron unha moción de censura ao goberno do Partido Popular coa esperanza de formar, no pleno extraordinario do día 12 de agosto, un goberno de esquerdas que defenda á maioría social