Creative Commons •  Redacción •  Galicia •  02/08/2019

Antón Sánchez no debate da Lei de Patrimonio Natural de Galicia: «A maior batalla que se libra neste país é contra a agresión e o saqueo do medio ambiente»

O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea recordou na súa intervención no Pleno do Parlamento esta semana que "además da exclusión social e da explotación laboral" a cuestión medioambiental é a clave para entender boa parte dos conflitos sociais que se desenvolven actualmente no territorio galego. 

Antón Sánchez no debate da Lei de Patrimonio Natural de Galicia: «A maior batalla que se libra neste país é contra a agresión e o saqueo do medio ambiente»

Para Sánchez, tamén voceiro nacional de Anova, esta «batalla contra o saqueo e o espolio do país  contra a agresión e saqueo do medio ambiente» estase a librar «só coas mans da xente», da cidadanía organizada «coma no Nunca Máis». 

«Cando un goberno elude as súas responsabilidades e traizoa aos seus representados é a propia cidadanía a que ten que librar esta batalla porque desgraciadamente estamos sós, sen ningún Goberno que nos defenda neste aspecto» -denunciou o deputado en clara alusión a dexación de funcións de Alberto Núñez Feijóo e o seu Executivo-.

«Xa teñen señoras e señores do Partido Popular o que querían. Un novo texto legal que se titula ‘Lei de Patrimonio Natural de Galicia’ aprobada para tratar de disimular e ocultar o se nulo bagaxe, o seu negativo bagaxe de dez anos de desleixo coa protección ambiental e de complicidade coas agresións ao patrimonio natural» -espetou-.

Porque para Sánchez, pese á publicidade é propaganda do Goberno da Xunta, o PP supón «a peor ameaza contra o patrimonio natural de Galicia» e «os dez anos do Goberno Feijóo son a mostra do incumprimento total da lei».

«PALABRAS BONITAS», AGRESIÓNS AO MEDIO NATURAL E INACCIÓN FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO

Sánchez expuxo que o modelo desenvolto polo Partido Popular «é un ataque constante ao patrimonio natural» a todos os niveis: «Tanto no sector forestal, coma no sector mineiro, coma no sector enerxético, como na loita contra o cambio climático, na que vostedes non queren entrar no meollo do que realmente produce o cambio climático, que é o modelo enerxético, o modelo urbanístico, o modelo de mobilidade. Vostedes palabras bonitas pero despois donde se producen as emisións de gases de efecto invernadoiro vostedes non queren actuar, porque son propiedade de Naturgy, de Endesa, de Audasa, etc.etc. Palabras bonitas e nada máis. E por detrás a agredir o patrimonio natural. Esa é a verdade. Non hai outra verdade. É a peor das corrupcións. Ocupar administacións públicas para defender o interese xeral e en cambio estar utilizando todos os resortes tan poderosos fronte á cidadanía para atacar o que deberían de defender» -sintetizou ao remate da súa intervención». 


Alberto Núñez Feijóo /  Anova /  Antón Sánchez /  Grupo Parlamentario de En Marea /  Lei de Patrimonio Natural de Galicia /  Parlamento de Galicia /  Partido Popular /  PP /  Xunta de Galicia /