Narón declarase municipio oposto o «CETA»
Abeledo defendeu no Pleno deste a Moción para ampliar a xa presentada por EU NARÓN a raíz da cal Narón declarouse "MUCICIPIO OPOSTO AO TTIP", agora Narón é tamén “Municipio oposto ao CETA”.
A Moción defendida por André Abeledo para declarar a Narón “Municipio Oposto o CETA” foi aprobada no Pleno cos votos a favor de Esquerda Unida, TEGA, BNG, PSOE e ENE, e os votos en contra do PP.
Dende EU denunciamos que o CETA e outros acordos comerciais similares como o TTIP ou o TiSa son discriminatorios e atacan a soberanía alimentaria, as pequenas e medianas producións agrícolas, a mitigación do cambio climático, os servizos públicos ou os dereitos laborais e sociais.
O que pretende realmente o CETA é “aumentar os beneficios das multinacionais en lugar de fortalecer os dereitos dos pobos e da clase traballadora.
Denunciamos que mentres nos venden que as exportacións nos van salvar, deslocalizan as nosas producións e as nosas industrias. Cando nos din que vai haber produtos baratos nos mercados, estannos dicindo que imos ter menos salario e menos ingresos na agricultura.
O CETA pon a soberanía dos pobos en mans das grandes corporacións transnacionais, pon en perigo a nosa vida, a nosa saúde, a nosa alimentación, os servizos públicos, o ensino, e a nosa agricultura, a pesca e tamén as pemes.
Estou en contra do CETA porque quero un futuro para nós, as clases populares, e para o noso pobo, porque defendo o dereito a decidir libremente sobre o noso futuro.
O CETA promoverá o comercio e o investimento exterior directo, rebaixando o grado de esixencia da lexislación laboral e pasando por riba das leis de cada Estado na materia.
A maior competencia perseguida polo CETA significa que o sector financeiro, para capturar mercados, dará mostra dun comportamento de maior risco, vendendo produtos financeiros particularmente arriscados e reducindo os servizos aos clientes menos prósperos.
Que non nos vendan que o CETA é un acordo progresista
As autoridades europeas e canadenses pretenden que o CETA se aplique xa de xeito provisional antes de que sexa ratificado nos Parlamentos dos Estados membros da UE, saltándose este requisito.