En Marea traballará para acabar co sistema educativo desigual con alumnos «de primeira e segunda» que está a impoñer o PP“
As deputadas Ánxeles Cuña e Luca Chao do grupo parlamentario de En Marea reuníronse está mañá cos representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para falar da situación actual e poñer en común as necesidades e posicións relativas entre outros temas á LOMCE e as reválidas. A deputada Ánxeles Cuña destacou a importante coincidencia entre En Marea e a Plataforma que destacan a necesidade derrogar a LOMCE e anular as reválidas defendendo un sistema educativo público universal que garanta a igualdade de oportunidades para todas e todos.
A deputada de En Marea, Luca Chao, preocupación que compartimos de como a LOMCE está a poñer en risco a igualdade de oportunidades tamén no eido educativo. “O PP está a impor un sistema educativo desigual con alumnos e alumnas de primeira e de segunda“ denunciou a deputada de En Marea asegurando que En Marea traballará na defensa dun sistema educativo universal e gratuíto e contra o camiño imposto polo PP.
O portavoz da Plataforma, Anxo Louzao, denunciou as políticas impulsadas polo PP no eido educativo que nos levaron a ter un sistema “clasista, selectivo que bota por terra o fundamento do ensino público e a igualdade d oportunidades“. Así lembrou que o rexeitamento ás revalidas e universal “tamén para os votantes do PP que tamén as rexeitan“. “Se o Goberno quere representar a todos os galegos e galegas debe ser receptivo e minimamente sensible, e estar a altura das circunstancias acollendo a petición da cidadanía e instar ao Estado a suprimir as revalidas e pedir supresión LOMCE, deixando de estar subordinado a Génova e asumindo o mandato dos galegos“ declarou o portavoz da Plataforma.