En Marea garantirá uns prezos mínimos para o leite e unhas rendas salariais dignas no ámbito rural
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, reuniuse esta semana coas organizacións agrarias da comarca de Sarria.
En Marea reuniuse con representantes de diferentes organizaciós gandeiras co obxectivo de falar das problemáticas ás que se enfronta o sector “como a falla de garantía duns prezos mínimos do leite ante a inacción da Xunta de Galicia para regular eses prezos e evitar os cárteles que pactan á baixa eses prezos” como denunciou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares. Durante o encontro trasladou aos gandeiro e gandeiras a vontade de En Marea de regularizar os prezos mínimos e polo tanto que o goberno galego traballe por garantir unhas rendas salariais dignas no ámbito rural, unha cuestión que se comprometeu a sacar adiantes tras a chegada de En Marea á Xunta de Galicia. Así mesmo, manifestou como unha prioridade mellorar a xestión do banco de terras para poñer en valor terras que hoxe están sen improdutivas e que os gandeiros e gandeiras necesitan para mellorar a súa produción. Outra das propostas de En Marea pasa por implantar un plan de emprego rural para fixar poboación e que o sector primario se vexa complementado con outro tipo de actividades.
Compatibilizar os valores ambientais, sociais e culturais coa modernización de infraestruturas
Tras a xuntanza coas organizacións agrarias, o candidato á presidencia da Xunta de En Marea visitou a zona cero das obras do río denunciadas pola plataforma sarriana polo río. Luís Villares puxo en valor o traballo colectivo de toda á cidadanía que conseguiu parar unhas obras e aínda están a loitar para lograr que os valores ambientais, sociais e culturais sexan compatibles co desenvolvemento que se lle quere dar a vila. “Desde En Marea consideramos que non hai que renunciar a nada polo que se apoia unha solución que consiga compatibilizar este tres valores coa modernización das infraestruturas necesarias para a vila” explicou Luís Villares.
O candidato á presidencia da Xunta rematou cun encontro aberto coa cidadanía de Sarria na que presentou as propostas de En Marea para a comarca.