Rafa Cuiña: «Ninguén vai quedar sen luz nin auga por non poder pagalas»
Xoán Bascuas, candidato á Xunta por Compromiso por Galicia e o alcalde de Lalín, Rafa Cuiña, atenderon na Praza da Igrexa de Lalín ás preguntas dos veciños, nunha nova xuntanza do ‘Compromiso Resposta’.
Rafa Cuiña recalcou a aposta de Compromiso por Galicia e do seu goberno municipal polas políticas sociais. O rexedor resaltou o acordo que o Concello de Lalín promoveu e negociou coas empresas proveedoras de auga e electricidade. “En Lalín ninguén vai quedar sen luz ou sen auga por non poder pagalas. Esa é a nosa política. A política de Compromiso por Galicia. Compromiso é o partido ao que hai apoiar o 25 de setembro se Galicia quere apostar por un goberno responsable e galeguista”.
Nesa mesma liña, Xoán Bascuas falou da aposta de Compromiso por Galicia polas políticas sociais. Insistíu na necesidade de ter un goberno de progreso que siga o exemplo do que Rafa Cuiña e o seu equipo están levando a cabo, para cambiar Galicia para sempre. “Lalín é o exemplo da xestión social e responsable pola que aposta Compromiso por Galicia”, dixo.