Redacción •  Galicia •  05/03/2020

Solla esixe ao Concello de Vigo e á Xunta que deixen de empregar ao barrio de Navia como fronte de batalla e cumpran cos compromisos dotacionais que adquiriron nas sucesivas campañas electorais

A candidata ás Eleccións Autonómicas 2020 por Galicia en Común Anova-Mareas por Pontevedra, Eva Solla, xunto con Rubén Pérez, secretario de organización de Esquerda Unida, estiveron esta tarde reunidos coa veciñanza de Navia para falar das necesidades do barrio, con temas tales como a ampliación da zona escolar, a ampliación do barrio e a necesidade de contar con vivendas públicas para a veciñanza.

Solla esixe ao Concello de Vigo e á Xunta que deixen de empregar ao barrio de Navia como fronte de batalla e cumpran cos compromisos dotacionais que adquiriron nas sucesivas campañas electorais

A candidata ás Eleccións Autonómicas 2020, Eva Solla, esixiu ao Concello de Vigo e á Xunta que “deixen de empregar ao barrio de Navia como fronte de batalla e cumpran cos compromisos dotacionais que adquiriron nas sucesivas campañas electorais”. Solla destaca que “nos Orzamentos da Xunta de Galicia non hai partida e tampouco se aclara nin ubicación nin proxecto construtivo para un instituto en Navia”. “Os rapaces teñen que desprazarse máis de 7 quilómetros para ir a institutos noutros barrios. Estamos no barrio con maior número de menores de 16 anos do Estado, hai centos de solicitudes para a escola infantil que quedaron sen praza e hai un grave problema de zonificación escolar; por iso entendemos que precisamos un proxecto serio, solvente e con dotación orzamentaria suficiente”, recalcou.

Pola súa banda, Rubén Pérez lembrou que “no ano 2018 e 2019 pedimos dous millóns de euros para aquelas familias de Navia que tiñan axudas ás hipotecas garantidas polo Plan de Vivenda do Goberno Zapatero e anuladas nos seguintes. O Fondo de Compensación segue a ser unha demanda básica, xa que o plan estatal de vivenda se transpón ás comunidades autónomas en canto a definición e partida orzamentaria”.


Esquerda Unida /  Eva Solla /