Manifesto unitario contra o fascismo: «Fóra fascistas das nosas rúas!»
Varias organizacións e colectivos da esquerda fronte a escalada das posicións máis reaccionarias deciden presentar en sociedade un manifesto, que entre outras cousas, chama a ilegalización de Vox, da Fundación Francisco Franco e de calquer organización que faga exaltación da ditadura. Adxuntamos o vínculo co que estamos funcionando.
O fascismo non é algo novo: representa a faciana máis terrorista e violenta deste sistema en crise. Diante do mesmo varios colectivos, organizacións políticas e persoas a título individual, militantes da esquerda todas e todos, decidimos impulsar este manifesto para continuar plantexando alternativas contra as posicións reaccionarias e concienciar a maioría social do perigoso do discurso de Vox, da Fundación Francisco Franco ou de grupos neonazis. Alegatos que ensalzan o terror da ditadura franquista, a violencia machista ou a xenofobia non poden ter cabida nunha sociedade de plena democracia.
Para nós polo tanto o principal obxetivo de todo isto é organizar unha FRONTE COMÚN ANTIFASCISTA que recolla medidas en prol da xente do común, gañándolle a partida á extrema dereita. Ao autoritarismo se lle combate loitando por un futuro máis digno en UNIDADE armónica. Esa entendemos é a tarefa actual para as forzas progresistas, revolucionarias e transformadoras nestes momentos onde as posicións retrógradas avanzan cada vez máis rápido.
MANIFESTO
A maioría social estamos a padecer dunha crise económica sen precedentes na que o fascismo voltou, aínda que máis ben nunca se foi, xa que non houbo quebra co aparello franquista, nin siquera depuración, mantendo aínda a súa cota de poder na mal chamada transición democrática. O Réxime do 78 coa súa Monarquía parlamentaria na testa é o brazo executor dous seus intereses, utilizando todas as súas armas (poder executivo, lexislativo e xudicial, os cales seguen actuando sen independencia dos poderes ecónomicos, medios de comunicación, policía, exército, etc…). Vivimos tempos convulsos nos que os que teñen o poder precisan mantelo e acrecentalo, empregando todas esas armas cando sinten que o seu status cambalea.
Neste panorama, os movementos e as voces críticas son inmediatamente caladas e penalizadas. Podemos citar varios exemplos, pero hai moitos máis:
Queremos aquí amentar ao cabo Santos Soto. presidente do Colectivo Republicano de Redondela, o cal foi expedientado e apartado do exército baseándose na reaccionaria idea de que un militar non debe posicionarse sobre cuestións políticas. Marcos Santos opúxose a un manifesto asinado por diversos mandos do Exército no que se exaltaba a figura do asasino Franco. Por este motivo foi investigado, sancionado e expulsado das Forzas Armadas. Nos últimos días Margarita Robles, ministra de Defensa actual, confirmaba a súa expulsión, poñendo en evidencia o uso da liberdade de expresión.
Tamén é moi significativo o caso dos “19 de Meirás”, militantes de esquerdas que a raíz dunha denuncia da Fundación Franco enfréntanse a penas de ata 13 anos pola ocupación simbólica non 2017 do Pazo de Meirás (roubado polos Franco nun proceso fraudulento, xa que o mesmo xa foi vendido antes pola familia de Emilia Pardo Bazán), colocando nela unha faixa coa lenda: “O Pazo é do pobo galego. Fascismo nunca máis”.
Tampouco podemos esquencer que esta escalada de represión xa tivo precedentes, coma a sentenza do Tribunal Supremo que meteu en prisión a ducias de presos políticos cataláns por defender o lexítimo dereito de autodeterminación, e tamén tivo verdugos coma Antonio González Pacheco alias Billy el Niño, torturador falecido recentemente, o cal seguía mantendo unha medalla “ao mérito policial” do ano 77 ate os seus últimos días.
En plena pandemia da Covid 19 as posicións abertamente reaccionarias van avanzando, chegando a sinalar dende Vox ás feministas como causantes da extensión do virus polos actos e manifestacións do 8M. Vox, firme defensor das políticas heteropatriarcais, pasa dende a negación da violencia de xénero a sinalar xa abertamente ó movimento feminista como causante de tódolos males. Mentras tanto, calan sobre o acto convocado por eles ese mesmo día Palacio de Vistalegre, onde chegaron a congregar a varios milleiros de persoas.
Na actualidade abundan multas sen base legal e abusos policiais coa escusa do estado de alarma, ademáis de bastantes contradicións e partidismo en resolucións xudiciais. Mentras se prohibiu a concentración con coches que pretendiu organizar a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) para o Primeiro de Maio por parte da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, déronse por ben feitas e con vía libre as manifestacións de Vox nas mesmas condicións o recente día 23 de Maio. Mesmo se admiten as concentracións en principio non permitidas e que se saltan todas as normas sanitarias impulsadas tamén por Vox en distintos barrios de Madrid ou en grandes cidades do Estado Español, amparadas polos corpos policiais (con apertas e saúdos incluídos).
A través deste manifesto chamamos as forzas progresistas, rupturistas e de esquerdas, así como á maioría traballadora a organizarse en prol dunha fronte común antifascista que salvagarde e priorice o ben común, esixindo:
– Derrogación da Lei Mordaza.
– Separación real dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, salvagardando sempre os dereitos políticos e sociais da cidadanía.
– Cumprimento e profundización da Lei de Memoria histórica dotándoa da infraesctructura e medios necesarios, eliminando resquicios do Franquismo como pode ser a Lei de Amnistía de 1977, a cal supón a impunidade da represión.
– Ilegalización da Fundación Francisco Franco, do partido fascista Vox, e de toda organización que faga exaltación da ditadura franquista.
– Recuperación do patrimonio roubado pola ditadura. O Pazo de Meirás é un bo exemplo desta demanda.
– Defensa dos servizos e dun tecido industrial público, así como a súa ampliación.
Os asinantes comprométense a reunirse no tempo e forma, tendo en conta que a situación o permita, para artellar accións conxuntas, fomentando así a organización de quenes defendemos a transformación social.
FÓRA FASCISTAS DAS NOSAS RÚAS!!
FÓRA FASCISTAS DAS NOSAS VILAS!!
POLA UNIDADE DO POBO TRABALLADOR!!!
NON PASARÁN!!!
Plataforma Galega pola Terceira República | Comité Galego do PCE (ml) | Cedeira pola Esquerda | PCPE | Colectivo Republicano de Redondela | Colectivo Feminista das Mariñas | Zeivas Colectivo Feminista de Marín | Foro Galego da Inmigración | Anticapitalistas Galiza | Asociacion de empregadas de fogar XIARA
Manuel González Garrido | André Abeledo Fernández | Carlos Gustavo Romalde Leal | Elizabeth González Pérez | Juan Carlos Lage López | Sandra Carballa Vázquez | Ángeles Folgar Naya | Lola Ferreiro Díaz | Eusebio Ónega Carrera | Francisco Rodriguez Veloso | Manuel Ruiz Robles
Fuente: https://manifestocontraofascismo.wordpress.com/