Redacción •  Galicia •  06/07/2020

Gómez Reino (Galicia en Común): “Seremos o Goberno da memoria democrática. Faremos que o patrimonio espoliado dos Franco retorne ás mans da galegas”

O portavoz da coalición poñía en valor en valor o traballo feito no Congreso por Galicia en Común nestes anos para rematar coa impunidade franquista e recuperar o Pazo de Meirás e a casa Cornide.

Gómez Reino (Galicia en Común): “Seremos o Goberno da memoria democrática. Faremos que o patrimonio espoliado dos Franco retorne ás mans da galegas”

A Coruña, 6 de xullo.- O candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, acudía a primeira hora desta mañá á concentración convocada ás 8:30 horas na porta dos xulgados da Coruña pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica no día que se incia o xuízo para a devolución do Pazo de Meirás.

“Hoxe iniciase o proceso para a devolución definitiva do Pazo de Meirás ao pobo galego. Chega 40 anos tarde, pero chegará porque é de xustiza e de normalización democrática para unha Galicia, madura que se ten que situar xa no século XXI, tamén en memoria histórica”, declarou Gómez Reino.

“Hoxe damos un primeiro paso para recuperar o Pazo de Meirás pero non só este pazo. Tamén a Casa Cornide e o conxunto das pezas espoliadas polos Franco e que teñen que ser patrimonio de todas”, declarou, pouco antes do inicio do xuízo. 

“O meu compromiso -dixo Gómez Reino- é que o próximo Goberno da Xunta, con Galicia en Común a partires do 13 de xullo, será o Goberno da memoria histórica: verdade, xustiza e reparación. Recuperaremos o roubado, faremos un censo de persoas represaliadas en Galicia e sacaremos do rueiro galego todo vestixio de golpismo para restituir os nomes das rúas como xa marca a Lei da Memoria Histórica (52/2007) que aínda se está a incumplir en tantos concellos galegos”.

Gómez Reino, agradeceu, moi particularmente, o inmenso traballo feito desde o tecido asociativo nestes anos a prol da devolución non só do Pazo de Meirás, senón de todo o patrimonio espoliado pola familia Franco e puxo en valor o feito no Congreso desde Galicia en Común nos últimos cinco anos prol da restitución da memoria no noso país.

“Foron 40 anos de Ditadura e fascismo e outros 45 mais de vergoña e impunidade para a familia Franco e os seus herdeiros, algo que nos avergoña profundamente. Privilexios amparados e consentidos por uns poucos contra unha maioría social que clamou pola xustiza e a reparación. Franco, ademais dun golpista asasino,  foi un ladrón”, concluíu.


Antón Gómez-Reino /  expolio /  Francisco Franco /  Galicia en Común-Anova Mareas /  patrimonio /