En Marea •  Redacción •  Galicia •  06/09/2016

En Marea aposta por unha política industrial que faga frente aos incumprimentos de Alberto Núñez Feijóo

En Marea presentou este martes en Ferrol, diante da porta de entrada da empresa Navantia o seu programa centrado na políticas industrial. O candidato á presidencia de En Marea, Luís Villares, asegurou que no noso país temos os mellores candidatos os mellor formados para defender e abordar os problemas de Galicia. Así, afirmou que En Marea aposta por unha política industrial activa que terá como referente reconstruír todo aquilo que destruíu Feijóo, todo o que deixou esmorecer. “Fronte a desertificación industrial e o esmorecemento dos sectores produtivos do noso país, o compromiso e a loita de En Marea” explicou Luís Villares.

En Marea aposta por unha política industrial que faga frente aos incumprimentos de Alberto Núñez Feijóo

“Temos un candidato Feijóo que é un fala barato, un mentireiro que sabemos que o é porque ten un pasado que demostra que a súa palabra non vale nada. Prometeu 50.000 postos de traballo no industrial e perdéronse 25.000 nese sector. Antonte prometeu 100.000 postos novos entón ¿temos que prepararnos para perder  50.000?” preguntouse.  Das 1.400 propostas que presentou Feijóo moitas delas as recuperou do programa que xa prometeron no programa anterior en 2009 que incumpriu porque “a palabra de Feijóo non vale nada”. “Veu a Ferrol hai catro anos prometendo contratos con Pemex que quedaron en nada, porque a palabra de Feijóo non vale nada” asegurou.

“Que será o seguinte, un novo anuncio de contratos millonarios sobre os que non terá ningún tipo de capacidade de xestión nin decisión, enganando e xogando coas ilusións e as esperanzas da xente que os está a pasar mal” criticou o candidato de En Marea á presidencia.

“Estamos diante de Navantia porque estamos orgullosos da mellor empresa de construción naval do Estado, e iso non é por Feijóo senón polos seus traballadores. Por iso non entendemos como pode vir a xogar a enganar como fai Feijóo e empregar a Navantia de xeito electoralista e partidaria” continuou Villares. En Marea pola contra si sabemos o que hai que facer co naval agora e os vindeiros catro anos. Temos clara a política da Xunta en relación á Navantia como que estea presente no Consello de administración para poder tomar decisións estratéxicas para o noso país, que se implique a administración na construción do dique seco outra das apostas de En Marea, que a Xunta de Galicia aposte polo I+D+I dunha empresa pública coa nosa Universidade. Así como recuperar os niveis de emprego de calidade coa comarca e para todo o país coas empresas auxiliares.

“Temos a mellor xente para o facer e fronte a iso temos a un candidato Feijóo cuxa palabra non vale nada porque o único que quere é marchar para Madrid, vendeunos querer ser candidato cando o que quería era ser conselleiro de Pemex. Entre todas e todos seremos capaces de construír un futuro industrial próspero para este país e con iso xerar máis emprego e condicións de vida dignas para acadar para todos e para todas un país máis xusto” concluíu Luís Villares.

O número 3 de En Marea pola Coruña, Manolo Lago, nos anos de desgoberno Feijóo implica que perdemos un de cada catro postos de traballo o que nos sitúa no ano 1996 temos un retroceso de dúas décadas. Estreáronse eliminando o concurso eólico destruíndo a posibilidade de desenrolo do noso país. En España a destrución de emprego foi a metade da que se produciu en Galicia, o sector industrial é o núcleo central da estrutura produtiva de calquera territorio. A enorme debilidade do emprego industrial en España e Galicia foi que a crise fose moito peor aquí que noutros países como Alemania. Esta debilidade ten que enchernos de preocupación. En Galicia traballa máis xente no comercio que en todas as actividades industriais do noso país, isto é algo que se ten corrixir. Temos que reconstruír o noso país, En Marea é un programa industrial. O noso obxectivo para a vindeira lexislatura é recuperar a situación e recuperar o que destruíu Feijóo. Recuperar e diversificar as actividades produtivas do noso país serán os nosos camiños no goberno da Xunta de Galicia. Desenvolver estas empresas punteiras que están no noso pais cunha integración vertical de suministros, xestión de transportes, de parque de provedores, desenvolver e impulsar desde a Xunta de Galicia novas actividades que conformarán os sectores industriais do futuro.

A primeira das medidas de En Marea pasa por declarar que a industria centre as políticas da Xunta de Galicia. En segundo lugar convocar ao conxunto da sociedade galega especialmente empresarios, sindicatos, centros tecnolóxicos e Universidades para acadar un grande pacto industrial que teña por obxectivo recuperar o perdido neste ámbito. E en terceiro empregar os organismos públicos que xa existen dándolles a xestión, capacidade e recursos para que impulsen a industria. En concreto ao IGAPE que foi o gran esquecido na política económica de Feijóo.

“Necesitamos unha reforma empresarial”asegurou Lago destacando que Galicia é o país da microempresa que non son quen de abordar procesos de internacionalización, e produción de novos produtos e integración do I+D+I. Cambio radical na xestión de infraestruturas ata agora deseñada polo lobby construtor e desvinculado das necesidades reais das empresas do noso país. “Estamos nun proceso de desertización industrial por parte do goberno Feijóo que acabará coa aposta de En Marea pola industria que desenvolverá aqueles sectores onde Galicia é forte. E todo iso será posible con Luís Villares como novo presidente da Xunta de Galicia” concluíu Manolo Lago.

Na súa intervención Manolo Lago dedicou tamén unhas palabras para recordar de xeito especial e acompañar na súa dor aos familiares do traballador falecido onte na empresa Finsa de Padrón nun accidente laboral. Aproveitou para demandar un maior esforzo en prevención e seguridade laboral no noso país.

A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, tamén presente no acto de presentación do programa industrial de En Marea. Díaz salientou a perda de postos de emprego que desde que gobernou Feijóo destruíu o 21 por cento dos postos de traballo industriais que son os que xeran valor engadido que camiñan cara un modelo diferente.

“O programa de En Marea di que temos que incidir nun cambio de modelo produtivo abandonar economía financeira para colocarnos na economía real. Os grandes problemas que ten industria no noso país veñen polos elevados custes da enerxía coa enerxía máis cara do conxunto de Europa, como o caso de Alcoa, para o que o PP non da saída pese a estar poñendo en risco empresas estratéxicas no noso país. Estes días vaise vender o 20 por cento de Gas Natural, unha nova estafa para o noso país, un 20 por cento que caerá en fondos de investimento” explicou Yolanda Díaz. Ademais do prezo da enerxía sinalou o problema do financiamento, que ten moito que ver co sector naval privado o primeiro que precisamos para construír buques un problema que afecta de xeito especial as comarcas de Vigo. “Temos os mellores profesionais de Europa estamos exportando tecnoloxía  a todo o mundo. O sector naval é estratéxico para o noso país polo que debe ser coidado e mimado por parte da Xunta de Galicia algo que non fixo nin Feijóo nin o señor Conde en todo estes anos” denunciou.

Así mesmo, a deputada de En Marea no Congreso asegurou que o primeiro que precisamos é investimentos pero tamén a necesaria renovación do persoal xa que a media de idade é de 60 anos neste estaleiros públicos. Reparar ademais a parte de reparacións unha das unidades substanciais de Navantia e para iso esiximos un dique seco imprescindible e coa que se comprometeu o PP pero que oito anos despois non so non fixo nada senón que negou todo o que viñan esixindo. Necesitamos unha nova xestión de Navantia formando parte do Consello de administración de Navantia para poder defender este sector. E un elemento de descentralización xa que para poder mercar un cravo agora mesmo ten que pasar por Madrid e fai ineficaz unha empresa. Unha fusión das escolas de enxeñaría naval e Navantia como faría calquera país europeo avanzado. Pero sobre todo o que  necesitamos como sinalou Yolanda Díaz é “facer barcos, temos Navantia Fene sen facer nin un só buque pese a que non temos xa o veto á construción civil”.


En Marea /