CC.OO. •  Redacción •  Galicia •  06/10/2016

En Marea fai un chamamento á cidadanía a participar esta tarde na mobilización en apoio aos traballadoras e traballadores de Extel para evitar 205 despedimentos

Os deputados electos de En Marea, Antón Sánchez, Manolo Lago, Luca Chao e Pancho Casal, sumaranse á concentración esta tarde convocada ás 20:00 horas na cidade da Coruña.

En Marea fai un chamamento á cidadanía a participar esta tarde na mobilización en apoio aos traballadoras e traballadores de Extel para evitar 205 despedimentos

Desde En Marea consideran inxusto e inxustificado o ERE presentado pola empresa coa que pretende acabar con 205 postos de traballo no centro da Coruña alegando unha baixada de chamadas que nada ten que ver coa realidade. Por este motivo, En Marea instou á empresa a reconsiderar a decisión e esixe ao goberno en funcións da Xunta de Galicia que medie neste conflito laboral de xeito inmediato.
 
En Marea sinalou así mesmo a necesidade de que a propia cidadanía reclame os seus dereitos como usuarios e usuarias esixindo o mantemento dos estándares por parte das empresas de servizos, que deben estar asociadas a unha atención de calidade, tanto no relativo as condicións laborais dos traballadores e traballadoras como ao feito de poder ser atendidos en língua galega.


En Marea /  EXTEL /