Redacción •  Galicia •  07/07/2016

En Marea apoiará as mobilizacións do persoal de Alcoa do próximo martes

En Marea apoia os traballadores da industria, que se manifestarán a vindeira semana en defensa do dereito á folga.

En Marea apoiará as mobilizacións do persoal de Alcoa do próximo martes
A deputada de En Marea pola provincia de A Coruña, Yolanda Díaz, mostrou hoxe a súa solidaridade cos traballadores de Alcoa, e o apoio á concentración que a plantilla da Coruña levará a cabo o vindeiro martes, diante da Audiencia Provincial en defensa do dereito á folga.
 
Yolanda Díaz, que mantivo varias reunións cos representantes dos traballadores nas últimas semanas, insistiu unha vez máis na “necesidade de que o Goberno en funcións publique, dunha vez por todas, o decreto para a subasta da interrumpibilidade, xa que nestes intres pesa sobre a fábrica de Alcoa A Coruña un risco real de perda de 400 postos de traballo”.  Segundo verbas da deputada de En Marea, “o Goberno en funcións debe actuar e determinar xa as modificacións no propio sistema de interrumpibilidade, porque o que prima agora é unha subasta que é opaca e especulativa, e que pagan ademáis os consumidores domésticos”.
 
  Yolanda Díaz sinalou que do que se trata é de mudar, con carácter estructural, este sistema, “que é moi caro e impredecible, porque o que precisan as industrias electrointensivas é xustamente un sistema que abarate os costes de enerxía”. 
 
  Díaz insiste, unha vez máis, na deixadez dos gobernos do PP, “ao desatender as condicións nas que as empresas industriais que consumen grandes cantidades de enerxía poidan acceder a ela con precios idóneos, e que a estratexia de Alcoa a nivel global para desenvolver outras liñas de negocio e non realizar os investimentos acomodados na planta de A Coruña, supoñen unha perigosa ameaza o emprego e a continuidade da actividade industrial na capital herculina”. 
  
  Finalmente, desde En Marea insístese en que preservar a industria esixe que as adminstracións públicas definan e implementen un novo modelo enerxético, caracterizado pola súa condición de sostible e social, e que responda cun retorno adecuado á contribución que realiza Galicia no campo enerxético, cunha producción que supón impactos ambientais severos e unha exportación de arredor do 40% do total da enerxía producida no noso país. En Marea defende unha política de prezos que garanta o mantemento desta actividade industrial no noso país cunha esixencia á multinacional dun plano de investimentos que rebaixe o consumo de enerxía e fomente o emprego.

Alcoa /  En Marea /  industria /  Yolanda Díaz /