CxG •  Redacción •  Galicia •  07/09/2016

Compromiso por Galicia presenta recurso para participar nos debates electorais dos medios públicos

A formación galeguista critica que a Xunta Electoral inclúa a Ciudadanos a pesar de ter menos representación institucional.

Compromiso por Galicia presenta recurso para participar nos debates electorais dos medios públicos

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, presentou esta mañá un recurso ante a Xunta Electoral de Galicia, á que lle que reclama que regularice a inclusión do seu partido na mesa de debate electoral que organizan os medios de comunicación durante a campaña das eleccións autonómicas que se celebrarán o 25 de setembro.

A formación galeguista critica que a Xunta Electoral de Galicia inclúa a Ciudadanos neste debate e deixe fóra a Compromiso, cando o partido galego ten unha representación institucional 2,5 veces maior. “Onde se viu que un partido que presentou 19 candidaturas hai un ano estea presente no debate e se exclúa a outro que presentou 41?”, argumentou o candidato á Xunta.

Bascuas presentou máis datos a modo de comparativa para mostrar o que el  considera un despropósito. Lembrou que as 41 candidaturas coas que Compromiso concorreu ás pasadas eleccións municipais lle outorgaron 3 alcaldías, cando Ciudadanos, que só foi capaz de presentarse en 19 concellos, non foi quen de formar goberno en ningún municipio. O resultad foi que Compromiso acadou 41 concelleiros, máis do dobre que Ciudadanos, que só obtivo 16 edís en toda Galicia. O candidato á Xunta tamén quixo destacar os datos de Ourense, provincia na que Compromiso presentou listas en nove concellos e na que o partido de Rivera non conseguiu formar ningunha.

A Xunta Electoral xusti?ca a súa con?guración da mesa de debate cunha lexislación aprobada en 2011 que garante a participación dos partidos que obtiveron un 5% dos votos nas eleccións inmediatamente anteriores, e neste caso tómanse como referencia as celebradas en xuño deste ano. Este criterio cúmpreo Ciudadanos, pero non Compromiso, que declinou presentarse ás pasadas eleccións xerais.

En consecuencia, Bascuas criticou que a Xunta Electoral de Galicia “só utiliza un único criterio para determinar o que é signi?cativo en Galicia, e é un criterio que se aprobou para as eleccións de Andalucía para garantir a presenza de UPyD”. Para corrixir esta inxustiza o candidato de Compromiso reclama ante a Xunta Electoral de Galicia “que se contemple un criterio adicional” baseado en datos de Galicia, que é o territorio que se debe de tomar como referencia.

“Que non se mida a signi?cación social unicamente en virtude das eleccións xerais anteriores, senón que se empregue tamén como criterio o peso institucional”, e nese sentido “nós temos 2,5 veces máis que Ciudadanos”, insistiu.Trátase, en de?nitiva de que “un partido que ten máis relevancia institucional a día de hoxe estea presente no debate”, lugar que lle corresponde por lóxica a Compromiso por Galicia e non a Ciudadanos, resumiu o candidato galeguista.
 


Compromiso por Galicia /