O BNG presentará unha proposición non de lei para que a Xunta solucione a posición de dominio das grandes empresas editoras e distribuidoras
O pasado 7 de xuño varias persoas concentráronse en Vigo para apoiar a iniciativa dos quiosqueiros que será levada ó Parlamento galego polo BNG
Como veñen facendo dende fai meses, nesta ocasión cunha concentración diante do Marco, as persoas que traballan nos quioscos denunciaron o abuso monopolístico das empresas editoras e distribuidoras de prensa e revistas, que levan á morte da actividade dos quioscos: unhos cen quioscos pecharon ao non poder vivir da súa actividade.
Entre os abusos que denuncian está o envío de «mercadorías e cantidades que queren», tendo «dereito a unha devolución á semana, pero o abono no se fai efectivo ata a semana seguinte, ou no caso de publicacións mensuais, un mes despois cun pouco de sorte». Do mesmo xeito denuncian que lles cobran as distribuidoras entre 10.97 e 45 € á semana «plo que eles chaman traballos auxiliares ou xestión administrativa, ou sexa os portes de toda a vida». O resultado é que un quiosco acaba pagando de 2354,40 € a 4928,64 € o ano, máis o IVE.
Para solucionar esta posición de dominio das grandes empresas editoras e distribuidoras o BNG presentará un proxecto non de lei no Parlamento de Galicia a fin de «instar o Goberno Autonómico a que actualice o Regulmaneto sobre a relación comercial entre as editorais, os distribuidores e os vendedores de prensa». Manuel Caride, responsable comarcal do BNG, estivo na concentración xunto a quiosqueira Lola Estevez, e otros quiosqueiros dando o apoio do partido o colectivo que ademáis leva recollidas unhas 1600 sinaturas en defensa dos seus dereitos.