Antón Sánchez critica o escándalo das «compensacións» da Xunta aos afectados polos lumes do mes de agosto
O cabeza de lista de En Marea pola provincia da Coruña denuncia a manobra coma un "intercambio de votos por diñeiro público" do Goberno do PP e pregúntase cal é o motivo para aprobar as axudas sen establecer en primeira instancia a contía e si a poboación que sufriu tamén os lumes en xuño e xullo vai quedar excluída.
Sánchez alerta ademáis de que as axudas prometidas «nin sequera son seguras» e que «están supeditadas ao que decida a UE», polo que a medida electoralista do candidato popular convirte o proceso electoral «nun bazar chinés» no que Alberto Núñez Feijóo «cree que pode tapar con cartos que non ten a a toda presa, sen xeito nin garantías, para uns sí e para outros non, a falta de políticas de dúas lexislaturas» pensando «que pode borrar a memoria da xente». Sen embargo, «as galegas e galegos teñen memoria e non se venden por promesas baleiras».