CxG •  Redacción •  Galicia •  08/09/2016

Compromiso por Galicia integra as propostas do comité galego de UNICEF no seu programa

Xoán Bascuas, candidato da formación galegista á Presidencia da Xunta, e Laura Cereijo,número tres pola provincia da Coruña, reuníronse o xoves en Santiago con Marta Andrade, responsable de sensibilización da sección galega da organización internacional.

Compromiso por Galicia integra as propostas do comité galego de UNICEF no seu programa

CxG asume as liñas propostas por UNICEF, entre as que están que a infancia sexa unha prioridade nos orzamentos do Goberno galego. Así, Compromiso, integrará nas súas proposta a creación do Observatorio Galego de Infancia e a comisión parlamentaria de estudos sobre a infancia, así como a elaboración dunha Estratexia Galega de Infancia e Adolescencia para o período 2016-2020.

CxG conta nas súas propostas cun especial apoio á infancia: educación universal de cero a tres anos; garantir que todos os nenos e nenas teñan material escolar; que o sistema sanitario poña unha especial atención neste grupo de idade. Actualmente, CxG desenvolve en Lalín programas específicos orientados á infancia e á adolescencia.
 


Compromiso por Galicia /  UNICEF /