En Marea •  Redacción •  Galicia •  09/02/2018

Antón Sánchez califica de «modelo de expolio» o plantexamento do sector eólico promovido polo Partido Popular de Galicia

O vicevoceiro de En Marea e dirixente de Anova denuncia que o plantexamento do PP, logo da aprobación da Lei 5/2017, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, supón un agasallo para os grandes investidores "en canto a territorio e beneficios producidos".

Antón Sánchez califica de «modelo de expolio» o plantexamento do sector eólico promovido polo Partido Popular de Galicia

Deste xeito, nun sector cunha facturación que supera os 600 millóns de euros, máis do 85% do capital investido é estranxeiro, de mans das grandes eléctricas, bancos e fondos voitre.

«En cambio para o noso país só quedan as migallas» -denuncia Sánchez-, pois o único que busca o Goberno galego do PP coa chamada «Lei de Depredación» é «acelerar o espolio da riqueza de Galicia aínda que sexa a costa do impacto paisaxístico e ambiental».

O vicevoceiro de En Marea explica que actualmente Galicia exporta 1 de cada 3 megavatios da súa produción eléctrica, o que produce «moitos casos graves de impactos ambientais». Pero sen embargo, en contraste, «os galegos e galegas poden rematar pagando máis cara a electricidade por esa produción». «É o colmo do modelo do saqueo do país»-asevera o deputado-.

Por iso -recorda Antón Sánchez-, dende o grupo parlamentario de En Marea queren deixar clara a súa aposta polas enerxías limpas «pero acompañado dun modelo de desenvolvemento que beneficie á xente do país e non só a unhas poucas empresas».

Por este motivo, En Marea amosa «a súa total oposición» ao modelo impulsado polo Partido Popular a través da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, que está únicamente baseado «na concentración da riqueza produtiva do eólico nus poucos e do emprego da figura de utilidade pública para implantar proxectos de negocio privado moi lucrativos, pero pasando por riba da xente».

«O señor Feijoo tivo tempo e posibilidades para virar cara un modelo máis social, e ambientalmente máis sostible, pero opta por non utilizar o vento para crear riqueza no país, para dinamizar o rural ou para complementar as rendas das persoas do rural con outras actividades, seguindo a propiciar o espolio do país» -remata Antón Sánchez-. 

 


Anova /  Antón Sánchez /  En Marea /  Lei de depredación /  Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia /