Redacción •  youtube.es •  Galicia •  09/02/2018

Eva Solla: “O PP aproba en solitario a reforma da Lei de Saúde de Galicia sen escoitar ás e aos milleiros de manifestantes que saíron ás rúas”

A voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, arrancou a súa intervención no debate da reforma da Lei de Saúde de Galicia agradecendo o traballo da Plataforma SOS Sanidade Pública (presente na tribuna), por mobilizarse “cada vez que a Consellería produce un atropelo contra o sistema de saúde”. A última manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública foi este domingo 4 de febreiro, a prol da defensa da nosa sanidade pública, contra a modificación da Lei de Saúde que pretendía levar a cabo o PP e contra os recortes continuos da nosa sanidade pública por parte do goberno de Feijóo (e que finalmente sacou adiante en solitario).

Eva Solla: “O PP aproba en solitario a reforma da Lei de Saúde de Galicia sen escoitar ás e aos milleiros de manifestantes que saíron ás rúas”
“O que presentan é unha contrarreforma a unha lei que foi pisoteada e cambiada por vostedes en multiples ocasións, pois nunca respectaron os principios contidos no texto”, sinalou Solla, para quen despois de todos estes meses de debate, o PP debería retirar esta lei, atendendo a todas as emendas de devolución. “Pero non só segundo os partidos políticos, tamén pídenllo a totalidade dos axentes soiais e os milleiros de persoas que esixiron e clamaron para que retiraran esta lei, pero seguen facendo oídos xordos”, relatou Solla.
 
A parlamentaria de En Marea acusou ao PP de non escoitar as máis de mil reclamacións que se fixeron cando se publicou a reforma no mes de agosto. “Desprezan a todas as persoas, seguramente moitas delas non votantes da oposición, que viñeron este domingo a Santiago dende toda Galicia, desprezan a colexios profesionais e a colectivos sanitarios. Non queren retirar o texto porque forma parte do seu plan para destruír a sanidade pública, para recortar dereitos paulatinamente, para que a sanidade pública cada vez esmoreza máis”, dixo.
 
Segundo Eva Solla, “este texto está feito para consolidar as súas portas xiratorias, a entrada da empresa privada e a privatización da investigación, pois empregan como eufemismo a transferencia inversa do coñececemento para xustificar as licenzas a terceiros para a explotación de dereitos derivados da investigación”, denunciou.
 
“Canto lle estan pagando ás empresas privadas por trasladar a pacientes á concertada? Quen decide as plantas que se pechan? Quen que se traslanden á sanidade privada? Quen marca eses prezos?”, preguntoulle Eva Solla ao conselleiro de Sanidade, “pode empregar os medios de comunicación para insultar a esta deputada e ao resto dos grupos, pero non hai medios de comunicación suficientes que acalen os recortes do sistema sanitario público”, sentenciou. 

Esquerda Unida /  Eva Solla /  sanidade pública /