Podemos Galicia iniciará unha rolda de visitas a localidades costeiras
A Secretaría de Mar da formación morada busca coñecer de primeira man a realidade da xente que traballa no sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
Podemos Galicia anuncia tamén a súa intención de contactar con diversos profesionais de sectores relacionados, co fin de completar a información recabada durante meses en conversas realizadas tanto nos grupos de traballo do partido como nas conversas públicas efectuadas por todo o territorio galego.
Dende a formación, anuncian que aproveitarán para comentar aos/ás participantes as liñas do seu programa electoral na materia, «co obxectivo de poder enriquecelo con todas as achegas».