En Marea •  Redacción •  Galicia •  10/09/2016

David Rodríguez visita as zonas de Ourense máis afectadas polos incendios dos últimos días

O nº 2 da candidatura ourensana de En Marea e bombeiro de profesión, visitou de urxencia a zona de Monterrei acompañado doutros/as representantes da formación para comprobar in situ o estado dos lumes que teñen arrasado máis de 4.000 hectáreas na provincia nos últimos días.

David Rodríguez visita as zonas de Ourense máis afectadas polos incendios dos últimos días

No caso do lume de Oímbra, o máis grande en activo, a parroquia de Vences está en situación 2 de emerxencia debido á proximidade do lume ás súas casas, así como os núcleos de Espiño e Bouxés. A veciñanza da zona trasladou a tristeza e a indignación que lles produce que ano tras ano se repita a situación e que a Xunta non interveña limpando o monte para que chegado o verán non se produza esta traxedia.

Desde En Marea, David Rodríguez sinalou que só cun cambio profundo nas políticas do rural esta traxedia ecolóxica, económica e humana terá solución. Desde En Marea, proponse revitalizar o rural evitando a desertización, ordenar o territorio galego, encamiñar o modelo cara un monte cunha funcionalidade múltiple e cara a explotación de madeira de alto valor engadido. Se o monte deixa de ser un problema para ser percibido pola poboación do rural como unha oportunidade, mellorará substancialmente a situación.

En Marea entende, e así llo expresaron os/as candidatos/as da provincia de Ourense que se ten que incrementar o esforzo en prevención e promover a educación ambiental na poboación, camiñando cara un modelo de extinción profisionalizado e público, evitando así a especulación das empresas privadas na extinción dos lumes.

David Rodríguez ironizou cos que son os responsables políticos desta situación: o Partido Popular de Galicia que a semana pasada a través do seu vicepresidente Alfonso Rueda, sinalou que o dispositivo contra os lumes é de “alta eficacia” e que a meteoroloxía e a intencionalidade son as culpables desta situación e falta de chuvia.

«Gostaríanos sinalar que segundo a Lei de Montes de Galicia do Partido Popular di que os traballos de prevención de incendios teñen que estar rematados os 30 de xuño de cada ano, polo que vemos o gobernó Feijoo é o primeiro en incumplir a súa propia Lei. A impovisación do goberno do PP lévanos a ver tractores realizando traballos de rozas mecanizadas nos montes durante o verán cos conseguintes riscos que eito conleva» -afirmou o candidato-.


En Marea /