Compromiso por Galicia leva ao Parlamento Galego a petición para que a xunta merque a casa de Castelao en Rianxo
O día 7 de marzo, unha delegación de CxG, composta por Orlando Villamayor Secretario Nacional de Organización e Xesús Ares Secretario Técnico de CxG, procedeu ó rexistro dunha pertición formal para que o pleno do Parlamento galego inste á Xunta a mercar a casa de Castelao en Rianxo, declarada B.I.C. no seu día.
Para os galeguistas de CxG compre preservar o patrimonio de todo aquelo que teña relación coa figura de Castelao, non só a preservación senón que é importante a posta en valor para coñecemento de todos e todas as galegas e galegos. A casa de Rianxo onde Castelao pasou parte da súa vida ten un valor histórico e de identidade incalculable que fai preciso que sexa patrimonio da totalidade de Galicia.
É prioritaria esta acción sobre calquera outra que se está reivindicando de patrimonios e casa varias, aínda que son todas lexítimas. Por iso CxG anuncia o artellamento de varias campañas de concienciación e respaldo en próximas datas e unha recollida de sinaturas na plataforma change.org.
A formación espera que os grupos do Parlamento leven a iniciativa a debate e a Xunta artelle os medios para ter no “haber” do País este patrimonio.