En Marea •  Redacción •  Galicia •  11/09/2016

Luis Villares: «Queremos un país xusto é un país onde os gandeiros cobran un prezo xusto polo leite»

En Marea rematou a súa segunda xornada electoral cun encontro coa veciñanza da Estrada na que o candidato á Xunta de Galicia, Luís Villares, xunto coa cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, o número 2, Marcos Cal, e a número 3 , Eva Solla.

Luis Villares: «Queremos un país xusto é un país onde os gandeiros cobran un prezo xusto polo leite»

Luís Villares arrancou poñendo en valor o proxecto de En Marea que “recolle o mellor das coalicións e dos movementos sociais“. Un proxecto que permitirá poñer en práctica políticas públicas para todo o mundo sen discriminar a ninguén nin a concellos en función do que voten “como fai o PP“. “Xustiza social é repartir con quen non ten, botar auga no vaso baleiro. As inxustizas non son casuais, son causais“ remarcou Villares.
 
A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, destacou na súa intervención o compromiso de En Marea coa creación dunha rede de servizo público de coidados. “A política ao servicio da cidadanía e non dos intereses económicos, nos temos o compromiso de desenvolver políticas transparentes e a construcción da sociedade igualitaria“ e para lograr facer realidade esta afirmación, En Marea é a única alternativa para lograra un goberno “de cambio e estable que loite pola maioría social“.
 
O número 2, Marcos Cal, afirmou que “non podemos permitir que os que deciden as nosas vidas sexan conselleiros de administración das grandes empresas“. “Marcos Cal Estivemos moitos anos pedíndolle q corrixan e non cambiaron. Agora dicimos que se fagan a un lado e deixen paso ao cambio“ sentenciou. O candidato Marcos Cal comprometeuse con construír “unha Galicia para que os q se foron poidan volver, unha Galicia onde vivir non sexa un imposible“.
 
A número 3 por Pontevedra, Eva Solla, criticou as privatizacións impostas polo PP nestes últimos anos destacando que o “queremos un pais onde teñamos os servicios públicos blindados porque son un dereito e non un privilexio“. “Tivemos un goberno q so esmoreceu, diminuíu e recortou os servicios públicos e para levar á xente a pobreza“ denunciou, e para acabar con iso En Marea ofrece unha política participativa na que a xente tamén poida decidir.
 
No encontro na Estrada, Luís Villares lembrou a proposta de En Marea incluída no seu programa para abrir unha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia que permita coñecer o que realmente aconteceu e segue a acontecer no noso país co sistema ferroviario. Avaliar as condicións de seguridade da rede ferroviaria é así prioritario para En Marea, como tamén o é crear unha operadora galega e reclamar as competencias na materia para Galicia.


En Marea /