Ernesto Ilkermn / Roberto Solano •  Galicia •  11/11/2016

A Asociación de Veciños de Teis presentará as firmas pedindo un autobús directo para o Hospital Álvaro Cunqueiro

O pasado 8 de novembro, e a pesar do frío e a persistente choiva, os veciños de Teis voltaron a manifestarse polas rúas do barrio, tras non seren recibidos polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ó que lle piden un autobús direto dende Teis ó Complexo Hospitalario Álvaro Cunquiero. 

A Asociación de Veciños de Teis presentará as firmas pedindo un autobús directo para o Hospital Álvaro Cunqueiro
Levan recollidas case 4.000 sinaturas ca súa reivindicación que serán entregadas no Concello de Vigo o próximo martes ás 11 da mañán para que por fin se escoite a súa voz, negada nun pleno municipal.
 
 
Ao remate da manifestación, tamén no Mercado do barrio de onde saíran, Anxo Iglesias, da Asociación Veciñal de Teis, comentou a problemática que non só Teis senón outros barrios da cidade teñen para acceder ó Álvaro Cunqueiro, situado moi ás aforas de Vigo.
 
 
A responsabilidade da Xunta de Galicia tamén estivo na manifestación, posto que a ese hospital levantado pola Xunta e xestionado por empresas privadas hai que ir pagando, sexa en bus, en taxi, ou de ir en coche particular posto que non ten un párking gratuito, senón de pago, malia estar situado no medio do monte. Inda que o alcalde de Vigo prometera facer un párking gratuito non se sabe nada del dende fai un ano que xa foi inaugurado.
 
 
Como se pode ver nas fotos, e no video de Roberto Solano, boa parte da xente que saiu son persoas maiores, as que por razón de idade teñen que acudir con mais frecuencia ó devandito hospital. As dificultades de acceso levan a que teñan que adicar unha parte das súas exiguas pensions ao transporte sanitario, indo en taxi ou facendo tantos trasbordos de autobuses urbanos que en pleno inverno o máis probable é que cheguen cun catarro.
 
 
Seguirán insistindo na súa reivindicación ate que consigan un autobús que vaia e veña ó Cunqueiro ca frecuencia necesaria e sen facer trasbordos.
 
 

sanidad /  Teis /  transporte /  Vigo /