Redacción •  Galicia •  12/02/2020

O adianto electoral anunciado por Feijóo responde ao medo do partido popular a perder a Xunta de Galicia

O medo do Partido Popular a perder o goberno de Galicia, leva a que Núñez Feijóo non queira rematar a lexislatura. Tras máis dunha década de destrución de dereitos sociais en Galicia, Feijóo deixa un país empobrecido e con menos recursos públicos.

O adianto electoral anunciado por Feijóo responde ao medo do partido popular a perder a Xunta de Galicia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla manifestou que “ tras tres lexislaturas de recortes laborais, sociais e de servizos públicos, quedou patente o pasado domingo que a xente xa non aguanta máis esta situación” vimos onte mesmo en Compostela como “ o pobo saíu, 50.000 persoas saíron á rúa en defensa da sanidade pública, o mesmo pobo que impediu que se pechase o paridoiro de Verín”.

“A pelexa das familias, e do persoal público é o que teme o Partido Popular, que ante a posibilidade de perder o goberno, prefire antepoñer os intereses do partido e convocar estas eleccións” di Eva Solla.

“Esquerda Unida afronta este proceso electoral , preparada, con forza e con ilusión. Estamos certas que esa candidatura de confluencia que adianteramos nas vindeiras semanas e que estamos a traballar co resto de forzas da esquerda alternativa, vai ser absolutamente decisiva para que a dereita perda dunha vez por todas o goberno da nosa comunidade autónoma  e se comecen a facer políticas sociais para a maioría e que loiten contra a perda de dereitos  da clase traballadora que sufrimos nestas tres lexislaturas” di a coordinadora nacional.


Alberto Núñez Feijóo /  Esquerda Unida /