Esquerda Unida considera que o modelo laboral imposto polo PP vai parello á estacionalidade e á precariedade
Segundo os datos publicados polo Servizo Público de Emprego Estatal (Sepe), o emprego que se crea no país vai parello á estacionalidade, debido á baixada do paro polo tirón da Semana Santa, e á precariedade, xa que un 90% dos contratos firmados son temporais, o que representa un modelo laboral ao que nos ten acostumado o PP.
Descende o paro, grazas ao sector servizos, e increméntase o emprego en base á estacionalidade e a temporalidade, un modelo precario onde a contratación indefinida representa un escaso 11% de todos os contratos. Ademais, pouco máis da metade deles son a tempo completo, o que tamén reflicte a elevada precariedade do modelo, por moito que o conxunto do Goberno do PP empéñense en facer crer o contrario.
Doutra banda, esta semana o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou os datos referidos á Enquisa conxuntural dos fogares en Galicia, que sinalaba que o 52,73% das familias, durante o primeiro trimestre deste ano, asume ter problemas económicos para chegar a fin de mes. Grazas as políticas do PP, as características dos contratos son cada vez máis deplorables, xa que as taxas de temporalidade e parcialidade son superiores e, as remuneracións, moito máis inferiores, polo que traballar non é sinónimo de chegar a fin de mes.