Vanessa Angustia denuncia a situación da EDAR do Lagares en Vigo
Vanessa Angustia pola súa banda manifesta que “manteremos viva a denuncia ante a Comisión Europea pola irregularidade ante a calidade de augas provocada por esta depuradora que ata en oito puntos diferentes fai verquidos á ría debido á mala canalización feita.
Vigo, 12 de maio de 2019. A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, xunto con membros da candidatura de Marea de Vigo, desprazáronse hoxe ás inmediacións da EDAR do Lagares, para denunciar unha situación que afecta ao saneamento tanto da ría de Vigo como da xestión pública da auga.
O candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, manifestou que a EDAR é “unha das estacións depuradoras da ría que foi finaciada, cando menos os seus terreos, cos recursos da ampliación de cinco anos da concesión de Aqualia en Vigo “polo que existe “unha responsabilidade municipal no que atinxe, ao seu mantemento preventivo para evitar os problemas que xa padecemos na depuración da ría e en consecuencia na xestión pública da auga e do saneamento”.
Vanessa Angustia pola súa banda manifesta que “manteremos viva a denuncia ante a Comisión Europea pola irregularidade ante a calidade de augas provocada por esta depuradora que ata en oito puntos diferentes fai verquidos á ría debido á mala canalización feita.
“Dende Europa pularemos para que sexa efectivo un saneamento integral da ría que garanta tanto a calidade de auga e saúde das veciñas como tamén a unha ría na que se poida desenvolver unha actividade sostible que garanta postos de traballo a futuro” di Vanessa Angustia.